Desleixo permanente da Xunta co rural

Desleixo permanente da Xunta co rural

Desleixo permanente da Xunta co rural

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, denunciou hoxe o “desleixo permanente” do goberno galego coa dinamización do rural. O responsable socialista viaxou hoxe ata Ribadavia, acompañado da parlamentaria Noela Blanco e o alcalde, Ignacio Gómez, para reivindicar a apertura do Museo do Viño de Galicia, que vai ser tratado no Pleno do Parlamento da próxima semana.

Fernández Leiceaga puxo o caso deste Museo como paradigma do desleixo do goberno galego e da falla de compromiso co rural tanto do Executivo autonómico como da propia Deputación Provincial. Dixo que logo de 30 anos dende que foi planificado, o Museo está totalmente preparado para a súa apertura á espera de que o Executivo o dote de fondos e persoal.

Sinalou que se trata dunha “oportunidade para o Concello, a comarca e toda Galicia”, por canto serve de complemento para impulsar a actividade turística do interior de Galicia, e supón unha iniciativa lastrada por unha decisión política deliberada do goberno galego. Presentou esta proposta para “chamar a atención sobre as consecuencias do seu desleixo permanente e continuado, que non é froito da ignorancia” no Pleno da próxima semana.

A deputada ourensá Noela Blanco explicou que os socialistas reclamaranlle ao goberno galego unha data prevista para a apertura da infraestrutura, que constitúe “unha mancha máis da Xunta coa comarca do Ribeiro”.

Proxecto socialista

Pola súa banda, o alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez, reivindicou que o Museo do Viño “sexa algo máis que un argumento para que o PP veña facer fotos e anuncios en campaña electoral”. Sinalou que “foi un alcalde socialista quen iniciou o proxecto, foi un presidente da Xunta socialista quen conseguiu poñelo en marcha e foi o PP quen o está aprazando continuamente”.

Reclamou un compromiso claro dende a Xunta e a Deputación Provincial que, dixo, “ten persoal suficiente para dotar” ao Museo do Viño de Galicia e poñelo en marcha, en alusión á controvertida política de persoal de Baltar no ente provincial.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar
Pechar

Escribe o teu nome de usuario ou o teu enderezo de correo. Recibirás por correo unha ligazón para creares un novo contrasinal.

Pechar

Pechar