Desleixo e abandono da Xunta á fraga de Casas Vellas fronte a Fenosa

Desleixo e abandono da Xunta á fraga de Casas Vellas fronte a Fenosa

Desleixo e abandono da Xunta á fraga de Casas Vellas fronte a Fenosa

Pablo gO portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, denunciou hoxe que o goberno galego está a eludir as súas competencias na defensa da Fraga de Casas Vellas, en Catasós –Lalín-, ameazada por un tendido eléctrico de Fenosa. O responsable socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Industria que se celebrou hoxe no Parlamento.

García esixiulle á Xunta que “asuma o seu papel” para paralizar o proxecto e acadar un trazado alternativo que non ameace a este paraxe e que considere, entre outras posibilidades, o soterramento da liña baixo a N-525, como propoñen os veciños. Sinalou que no momento en que Fenosa está a executar a expropiación dos terreos para facer a infraestrutura “alguén no goberno galego terá que ser responsable de autorizalo”.

Sinalou que “se ese trazado foi autorizado deste xeito alguén da Xunta de Galicia terá algunha responsabilidade, xa que de non ser pola presión veciñal vostedes nin se houbesen decatado do que pasaba alí”.

Acusou ao goberno de intentar eludir a súa responsabilidade, o que resulta “inconcibible cando unha muller tolea para acadar os permisos e cortar un pouco de leña nunhas árbores da súa propiedade e a 200 metros en liña recta Fenosa vai talar unha fraga sen que ninguén pareza querer facer nada”.

Pablo García preguntoulle directamente o Director Xeral cal fora e é o papel da Xunta de Galicia neste proceso, e explicou que “ou ben a Xunta non ten mecanismos para defender este espazo, o cal sería moi preocupante, ou ben non quere facelo porque considera que non é do seu interese, o cal aínda sería moito máis preocupante”.

“Se este trazado sufriu modificacións -engadiu- foi porque a Xunta exerceu as súas competencias, así foi variado o proxecto para evitar un castro e tamén a Vía da Prata, polo que poderíamos concluír que isto si que era importante para a Xunta e a Fraga de Casas Vellas non.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar