Desleixo de Xunta e Concello diante dos problemas do Festival de Cinema de Ourense

Desleixo de Xunta e Concello diante dos problemas do Festival de Cinema de Ourense

Desleixo de Xunta e Concello diante dos problemas do Festival de Cinema de Ourense

A deputada socialista Noela Blanco criticou hoxe o desleixo do goberno galego e do Concello de Ourense diante das dificultades que está a vivir o Festival de Cinema Internacional de Ourense –OUFF- e que están a poñer en risco a súa continuidade. A responsable socialista presentou unha serie de iniciativas parlamentarias nas que critica a “improvisación” das dúas institucións.

Blanco criticou que nin o goberno galego nin o goberno local teñan tomado ningunha medida a cinco meses do certame, que se celebra en outubro, a pesares de que coñecen da situación dende a entrada en vigor da Lei de contratos, o pasado 8 de marzo, que impide contratar persoal con motivo do festival como se viña facendo ata agora.

A deputada socialista esíxelle ao goberno galego a implicarse “institucional e economicamente” e colaborar co Concello de Ourense “para resolver os problemas que poñen en risco a existencia das futuras edicións deste evento”.

Sinalou que a eliminación do festival da carteleira cultural “suporía un duro revés non soamente para o sector audiovisual, senón tamén para a vida cultural da cidade, xa que se privaría a todos os ourensáns e ourensás do acceso a esta oferta de contidos puntuais e diversa”.

Ao mesmo tempo, advertiu, “perderíase a oportunidade de que este evento sexa tamén un escaparate da cidade para todos e todas aqueles que asisten, e que contribúen co seu paso por Ourense durante a súa promoción e nos días en que se celebra, ao seu desenvolvemento económico”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar