Desleixo da Xunta nas protestas contra a escolarización inclusiva en Lalín

Desleixo da Xunta nas protestas contra a escolarización inclusiva en Lalín

Carmen GallegoA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, criticou hoxe o “lamentable desleixo” da administración educativa dependente do Goberno galego fronte ao conflito rexistrado en novembro nun centro educativo de Lalín pola presenza dun rapaz con diversidade funcional.

Gallego presentou unha pregunta oral para reclamar unha investigación interna e a depuración de responsabilidades pola actuación da dirección do centro e da propia inspección educativa fronte a esta situación. A responsable socialista advertiu que o conflito derivou nunha folga de pais e nais que se negaron a achegar aos seus fillos e fillas ao centro para forzar a derivación daquel rapaz a un centro de educación especial.

A responsable socialista sinala que o conflito supón unha “situación inxusta” que ten provocado “graves problemas” ao neno e á súa familia, ademais de supor un “mal exemplo para toda a comunidade educativa” e que mesmo ten derivado unha denuncia da familia da vítima contra estes feitos.

Criticou que o goberno galego, en troques de ter aberto unha investigación interna “hai tempo”, optou por “vir á Comisión a facer declaracións de principios e acabar confesando que non tomaron ningún tipo de medida”.

Responsabilidade

A deputada socialista advertiu da gravidade dun caso no que os pais e nais “abdicaron da súa responsabilidade de levar aos fillos e fillas ao colexio”, mentres a dirección do centro “non se comporta como debera e conmina ao pai do neno a unha xuntanza co resto dos pais e nais á que evidentemente se nega por temer unha encerrona”.

Ao mesmo tempo, sinala, os responsables da inspección educativa “deciden trasladar información confidencial do expediente do menor ao resto das familias, desatendendo tódalas súas obrigas con respecto á confidencialidade e violentando a intimidade dun menor con necesidades especiais”.

Gallego acusou ao goberno galego de “agochar intereses económicos” e advertiu que “non vaia ser que alguén teña un interese especial en destinar máis recursos aos centros de educación especial en lugar de impulsar centros de educación inclusiva”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar