Desleixo da Xunta fronte ás mafias que "okupan" pisos baleiros

Desleixo da Xunta fronte ás mafias que "okupan" pisos baleiros

Desleixo da Xunta fronte ás mafias que “okupan” pisos baleiros

A responsable de Política Local do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, criticou hoxe o “desleixo” do goberno galego fronte ás mafias que okupan pisos baleiros para alugalos a continuación de forma fraudulenta. A responsable socialista presentou unha pregunta oral en Comisión na que lamentou a falla de iniciativa do goberno galego.

Rodríguez Rumbo instou ao goberno galego a impulsar un protocolo de actuación, xunto cos concellos e os representantes do Estado en Galicia, para coordinar a intervención das forzas e corpos de seguridade e “evitar situacións dramáticas tanto para os propietarios como para os inquilinos estafados”, que en determinados casos atópanse nunha situación de emerxencia social.

Acusou ao goberno galego de “facer que fai” e buscar “escudarse no goberno central ou nas administracións locais, cando non buscan calquera outro refuxio para eludir intervencións que se poden solucionar dun xeito coordinado”. Subliñou que “non se trata de poñer cartos, senón de poñer vontade política” para actuar nestes casos e por unha parte perseguir estas prácticas e pola outra axudar ás vítimas.

Consecuencia da crise

Rodríguez Rumbo advertiu que estas mafias aproveitan que en Galicia unha de cada tres vivendas permanecen desocupadas, para invadilas, engancharse á luz, cambiar a chave e alugárllela a familias en dificultades. Este fenómeno, dixo, é unha consecuencia das “políticas de austericidio do PP, que non serviron para paliar situacións de vulnerabilidade”.

A crise económica, unida ao desamparo institucional, dixo, “fai que emerxa a parte máis negativa dunha sociedade, a dunhas mafias que aproveitan a vulnerabilidade e a pobreza, e que foron proliferando á sombra da burbulla inmobiliaria”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar