Desleixo da Xunta fronte ao peche de explotacións de leite

Desleixo da Xunta fronte ao peche de explotacións de leite

Desleixo da Xunta fronte ao peche de explotacións de leite

O portavoz de Gandería do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, criticou hoxe o “desleixo” do goberno galego para frear a perda de explotacións de vacún en Galicia, acelerado logo da desaparición das cotas do leite sen que nin o executivo central nin o autonómico se preocuparan de aplicar o Paquete Lácteo.

Pérez Seco presentou unha pregunta oral sobre este asunto na Comisión de Agricultura celebrada hoxe no Parlamento, na que criticou que o Executivo agoche os datos de peches de explotacións e baixas de titularidade entre os anos 2012 e 2015. Reclamou a posta en marcha de iniciativas para reducir os custes de produción e aumentar a base territorial co obxecto de aumentar a produtividade.

O parlamentario socialista dixo que, malia que o vacún galego se atope á cabeza da produción láctea do Estado, a caída na rendibilidade provoca a desaparición paulatina de explotacións. Esta é a consecuencia da desaparición das cotas do leite, a baixada do prezo do produto e o aumento de prezos da alimentación do gando.

Esta situación incide ademais na falla dun relevo xeracional, mentres o goberno galego fai caso omiso da potencialidade da gandería láctea como actividade capaz de fixar poboación á contorna rural. Resumiu que “cantas menos explotacións pechen máis persoas vivirán no medio rural”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar