Desleixo da Xunta fronte ao desabastecemento de medicinas nas farmacias galegas

Desleixo da Xunta fronte ao desabastecemento de medicinas nas farmacias galegas

Desleixo da Xunta fronte ao desabastecemento de medicinas nas farmacias galegas

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, ven de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias sobre os reiterados exemplos de desabastecemento de fármacos nas farmacias galegas, que deixa aos doentes sen posibilidade de adquirir os medicamentos prescritos.

A deputada socialista reclámalle á Consellería de Sanidade que se dirixa á industria e aos laboratorios farmacéuticos cos que contrata para pedirlles información detallada, puntual e anticipada sobre as súas reservas de medicamentos. Deste xeito, explica, poderase adiantar a posibles carencias para que os pacientes galegos non queden desabastecidos.

Sinala deste xeito que debera ser a propia industria a que avisara ao sistema sanitario con antelación suficiente para permitir a toma de decisións na dirección de evitar ou paliar os desabastecementos “que se están a producir de forma descontinua, pero cada día con mais frecuencia”.

Actualmente, advirte, as escasezas de unidades de fármacos son descubertas polos propios usuarios, condenados en ocasións a “peregrinar de farmacia en farmacia, case sempre sen resultados”, co que queda sen a medicina que precisa tomar. Ademais a receita electrónica “impide ao farmacéutico dispensar outro fármaco similar en caso de non dispor do receitado”.

Denuncias

A deputada socialista alerta das “múltiples denuncias” por causa destes desabastecementos que ultimamente se veñen reproducindo nos medios de comunicación, o que “provoca moita preocupación e desgusto entre os usuarios”.

Apunta que “posiblemente a redución dos prezos imposta polo Estado pode estar provocando que os laboratorios non teñan a España entre os seus clientes favoritos e primen outros países que pagan mellor os seus produtos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar