Desleixo da Xunta diante do impacto do brexit na economía galega

Desleixo da Xunta diante do impacto do brexit na economía galega

Desleixo da Xunta diante do impacto do brexit na economía galega

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, advertiu hoxe a “falla de interese e de información, así como lentitude de reflexos” do goberno galego diante do brexit. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Economía do Parlamento celebrada hoxe na que alertou do impacto que terá a saída do Reino Unido tamén sobre a economía de Galicia.

Losada advertiu que os estudos apuntan a un forte impacto desta operación sobre os sectores financeiro, téxtil, automóbil e pesca, os tres últimos de gran importancia para Galicia. Sinalou que se trata dun “tema extraordinariamente relevante” como para que o goberno galego “non teña demostrado preocupación algunha máis alá dun informe presentado un día de Consello da Xunta” dende o referéndum de xuño de 2016.

O responsable socialista lembrou que o informe publicado en setembro de 2016 polo BBVA estima que a saída daquel país podería supor un impacto do 0,4 por cento do PIB galego. Diante destes previsibles efectos, reclamou “que a información flúa” dende o goberno galego, que “debe explicar as súas previsións e medidas ao respecto con comparecencias que deberan ser periódicas”.

Alertou fronte á estratexia do goberno central, que en boca da secretaria de Estado de Comercio sinalou que “ten confianza en que as relación comerciais co Reino Unido rematen nunha situación parecida á que temos actualmente”. O responsable socialista puntualizou que “debe de ser a única responsable política de Europa que o pensa”, dentro dunha posición do Goberno “tibia e pouco definida”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar