Desleixo da Xunta co Porto Seco de Monforte

Desleixo da Xunta co Porto Seco de Monforte

Desleixo da Xunta co Porto Seco de Monforte

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, anunciou que a Xunta responderá no Pleno da próxima semana a unha pregunta socialista sobre a conexión do Porto Seco de Monforte coa N-120. Así o dixo nun encontro co alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e o deputado José Quiroga, hoxe no concello lugués.

Os socialistas levarán este asunto ao Pleno do Parlamento logo dun encontro entre o presidente da Xunta e o da Deputación de Lugo no que Feijóo rexeitou investir na infraestrutura. O portavoz socialista replicou que o Porto Seco “é unha oportunidade para Monforte” co obxecto de responder aos tráficos marítimos e puntualizou que “non se debe regatear” en facer unha estrada de menos de un quilómetro.

Sinalou que “non entendemos como non se poñen os medios para resolver esa conexión coa N-120 e, sobre todo, como non se da o paso para que deixe de ser un mero polígono industrial” e pase a ser “un complemento aos cinco portos de interese xeral de Galicia.

Alcalde

Pola súa banda, o alcalde de Monforte, José Tomé, criticou a falla de compromiso da Xunta “porque non goberna nas principais cidades da provincia”, e acusou ao goberno galego de “non saber qué queren facer co Porto Seco” logo de seis anos “perdidos”. Dixo que “non imos parar e non imos esquecernos do Porto Seco, vamos a estar encima”.

Reivindicou un “compromiso real cos accesos á plataforma loxística” e “dotar ao proxecto da correspondente licitación para facer esta obra”, acusounos de “xogar coas expectativas da xente” e puntualizou que “vai sendo hora de que tomen en serio a Monforte e o sur de Lugo”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar