Desleixo da Xunta ante o incumprimento da normativa medioambiental por Elnosa

Desleixo da Xunta ante o incumprimento da normativa medioambiental por Elnosa

Desleixo da Xunta ante o incumprimento da normativa medioambiental por Elnosa

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, denunciou hoxe o “lamentable desleixo” do goberno galego diante do “incumprimento flagrante” da normativa medioambiental por parte da factoría de Elnosa en Pontevedra. Vilán presentou hoxe en Comisión parlamentaria unha pregunta sobre o uso por parte de Elnosa dunha técnica contaminante prohibida para a produción de cloro.

A responsable socialista lembrou que o 11 de decembro é a “última data límite ata o momento” para que a empresa deixe de utilizar mercurio para a produción de cloro e comece co sistema “de membrana”, menos contaminante. Sinalou tamén que a Xunta ten que emitir un informe medioambiental sobre a factoría, que “inexplicablemente queren deixar para o último momento”.

Esixiulle ao goberno galego que explique se o dito informe será positivo, e criticou que a única resposta sexa derivar a responsabilidade á Dirección Xeral de Costas, que “non ten ofrecido información sobre a prórroga para permanecer nos terreos de Lourizán”. Sinala que a UE fixa a dita data como límite para utilizar mercurio, polo que de non modificar a técnica “non se podería prorrogar a Autorización Ambiental Integrada”.

Lembra que o goberno galego xa puxera no seu día o 7 de xaneiro de 2014 como “data límite” para que a empresa cambiara este sistema polo “de membrana”, menos contaminante. Daquela tamén esixían o traslado da factoría a outra ubicación afastada da marxe esquerda da Ría de Pontevedra, se ben a actual propietaria da empresa, a compañía CUF-Quimigal , ten demostrado que pretende seguir aí.

Vilán sinalou que “ademais da escasa importancia que o Goberno galego lle da á normativa medioambiental”, lembrou que “hai en torno a 100 traballadores e as súas familias agardando a que a Xunta tome unha decisión e a lo menos lles dea unha resposta”. Criticou que “estean a xogar coa xente a menos de dous meses da data límite”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar