Desleixo absoluto da Xunta na crise da auga de Ferrol

Desleixo absoluto da Xunta na crise da auga de Ferrol

A deputada ferrolá Beatriz Sestayo denunciou hoxe no Parlamento “desleixo absoluto da Xunta de Galicia” na crise da auga potable de Ferrolterra, que tivo a 150.000 persoas de cinco concellos co seu consumo restrinxido durante cinco días no mes de xullo. Sestayo presentou unha pregunta oral na que denunciou o “escaqueo” do goberno galego.

Criticou que mentres os gobernos locais constituían un gabinete de crise para repartirlle milleiros de litros de auga potable á poboación, coa participación do exército e camións cisterna circulando polas rúas dos concellos, o goberno galego “renunciaba a asumir a súa responsabilidade en saúde pública, coordinación nun gabinete de crise supramunicipal, atención aos servizos públicos ou emerxencias”.

“O goberno galego renunciou a cooperar –sinalou- e Rueda limitouse a sinalar que a situación non era tan grave mentres o seu portavoz parlamentario, o deputado Tellado, acusaba ao goberno de Ferrol de envelenar á poboación e Feijóo tiña a ben achegarse a Doniños tan só para tomar algo nun chiringuito”.

Logo de catro días, dixo, a delegada de Sanidade compareceu no gabinete de crise “para insultar aos representantes da administración local e deixalos plantados a continuación”, logo de desatender a toda a cidadanía de Ferrolterra, incluíndo “a Residencia Arquitecto Marcide, as escolas infantís ou os centros de día, que non tiveron ningunha instrución do goberno galego sobre cómo actuar nesta situación”.

Edar

A responsable socialista levou á Comisión a situación da Edar de Ferrol, supostamente construída polo goberno do PP, que “logo do cambio de goberno unha inspección municipal demostrou que a depuradora nunca tiña funcionado”.

Advertiu que esta situación produciuse a pesares de que os responsables do concello, do goberno galego e mesmo do goberno central “fixeran declaracións públicas e participaran nunha publirreportaxe pagada con diñeiro público falando das toneladas de metros cúbicos de auga que procesaba a infraestrutura”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar