O desinterese da Xunta polo Camiño Inglés limita o turismo na ruta

O desinterese da Xunta polo Camiño Inglés limita o turismo na ruta

O desinterese da Xunta polo Camiño Inglés limita o turismo na ruta

A deputada socialista Begoña Rodríguez Rumbo criticou hoxe as carencias detectadas no coñecido como Camiño Inglés –a ruta que une Ferrol e A Coruña con Santiago de Compostela. A responsable socialista advertiu, no debate dunha pregunta oral en Comisión parlamentaria, que estas eivas lastran o aproveitamento turístico desta ruta.

Rodríguez Rumbo apuntou á ausencia de albergues públicos no último tramo da ruta, que vai dende o punto de conexión das dúas variantes de Ferrol e A Coruña en Bruma –Mesía- ata o final. Se trata de aproximadamente 40 quilómetros, o equivalente a dúas etapas, nos que os peregrinos teñen que buscar un lugar onde pernoctar cos seus propios medios.

Preguntou ademais pola decisión de cambiar ubicación do albergue previsto para Sigüeiro –Oroso- ao concello de Ordes, e ironizou sobre o seu carácter “aleatorio, que non responde a ningún tipo de capricho” por parte do goberno galego. Explicou que esta ruta, que transcorre a través de 74,7 quilómetros dende A Coruña e 118,7 dende Ferrol, só dispón de 6 albergues, cun número de prazas “insuficiente”.

A responsable socialista criticou ademais a lentitude do Executivo autonómico á hora de acondicionar a ruta precisamente neste ano, declarado por eles mesmos como o Ano do Camiño Inglés. Este ano, dixo, comezou con importantes eivas na sinalización e numerosas zonas con mantemento “deficitario”, o que “non favorece a utilización nin o descubrimento” desta variante do Camiño de Santiago.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar