A designación da nova xerente de Galaria "incumpre todo fundamento democrático"

A designación da nova xerente de Galaria "incumpre todo fundamento democrático"

A designación da nova xerente de Galaria “incumpre todo fundamento democrático”

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, acusou hoxe ao goberno galego de “incumprir todo fundamento democrático” co nomeamento da nova xerente da empresa pública Galaria. Presentou unha pregunta en Comisión pola designación, por parte de Feijóo, da ex conselleira de Sanidade Rocío Mosquera para o cargo dúas semanas antes de abrir o procedemento no DOG.

O responsable socialista criticou a “burla” do goberno galego a tódolos procedementos, criterios e valores básicos e esixiulles “respecto” para lexitimar un sistema que “na situación política actual non teñen empacho en presentarse como adalides da legalidade e esixirlles a outros o seu cumprimento”. Advertiu que “non se pode esixir o cumprimento da legalidade cando un se ri dela e incumpre os mínimos esixibles”.

Torrado acusou ao goberno galego de “acatar o sistema por imperativo legal, como Puigdemont”, e advertiu que “se non cren nos valores que promove o sistema temos un problema”. Engadiu que a súa actuación “denota certa soberbia cos procedementos, unha sensación de impunidade e invulnerabilidade que os leva a considerar os procedementos un estorbo e para quen cumprir coa democracia debe ser moi cansino”.

En función das persoas

O responsable socialista esixiu unha explicación e respecto aos procedementos e garantías legais establecidos, máis alá do argumento do xerente do Sergas, que hoxe apelou á urxencia de ter o posto cuberto. Lembrou o exemplo de centros hospitalarios como o do Salnés, que estiveron meses sen xerente, o que evidencia que “deciden en función das persoas que colocan e non en función dos intereses da poboación”.

Acusou ao goberno galego de confundir un nomeamento provisional para manter un posto cuberto coa designación a dedo polo presidente da Xunta vulnerando tódolos procedementos para a que a posteriori vense obrigados a “buscarlle encaixe na legalidade”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar