Descoordinación absoluta e falla de previsión da Xunta no incendio das Fragas do Eume

Descoordinación absoluta e falla de previsión da Xunta no incendio das Fragas do Eume

Descoordinación absoluta e falla de previsión da Xunta no incendio das Fragas do Eume

O portavoz de Interior do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco Rivera, dixo hoxe que o incendio das Fragas do Eume “evidencia a descoordinación absoluta e falla de previsión absoluta” da Xunta. Así o dixo nunha pregunta parlamentaria sobre o incumprimento da Lei de Emerxencias por parte do Goberno galego.

Juan Carlos Francisco dixo que “cada vez que chove, que cae unha nevarada, cando hai xeadas ou lumes neste país o goberno da Xunta evidencia a súa falla de coordinación” clamorosa e a falla de consignación de medios axeitada para loitar contra incidentes de emerxencias.

Así sucedeu, explicou, co nomeado incendio do Parque Natural das Fragas do Eume, que “puxo de manifesto que a Xunta de Galicia carece de política antiincendios e demostrouse incapaz de coordinar as medidas de extinción” nunha época que anunciaba incendios pola grave seca.

O responsable socialista acusou ao goberno galego de incumprir a Lei de emerxencias para a posta en marcha dun Plan Director de servizos contra incendios que dote dun mando único as actuacións nestas emerxencias. Apuntou así ás denuncias dos alcaldes que sinalan que a UME non actuou a tempo esta fin de semana porque “non recibiu ordes de intervir pola ausencia de mandato responsabilidade da Xunta de Galicia”.

Dixo que o Goberno galego é quen ten a capacidade de dirección do dispositivo, cando a realidade é que “cada Consellería da Xunta actúa illadamente” en lugar de adoptar unha política transversal para traballar “de xeito complementario”. Sinalou que “non se poden implementar as accións de loita contra as emerxencias en función das circunstancias”.

Juan Carlos Francisco cualificou tamén de “política suicida” a decisión do goberno galego de “escatimar orzamentos en todo o que ten que ver coas emerxencias”, mentres “renuncian a poñer en valor o monte e unha política forestal axeitada”. Dixo que, pola contra, optan por “moita publicidade e propaganda e desviar a atención coa demagoxia populista de endurecer unhas penas aos incendiarios xa establecidas no código penal”.

Consorcio

O parlamentario socialista acusou ao goberno galego de non ter constituído o consorcio de extinción de incendios e salvamento de Ourense, comprometido dende 2010, por mor dun “conflito político entre Rueda e Baltar que están pagando os cidadáns desta provincia”. Sinalou que a “teima” do presidente provincial do PP de “facer un PP alternativo ao de Feijóo” está a paralizar este proceso.

Explicou que a raíz da ineficacia da Xunta atópase no incumprimento da Lei de Emerxencias de 2007 por parte da Xunta nos seus aspectos básicos. Así, advertiu que a Xunta paralizou a posta en marcha dos novos parques de bombeiros “licitados e adxudicados” na pasada lexislatura, así como o Mapa de Emerxencias, mentres incumpren os convenios cos concellos para a xestión dos Grupos Municipais de Intervención Rápida.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar