Descarada utilización política na convocatoria de 128 prazas na Deputación de Ourense

Descarada utilización política na convocatoria de 128 prazas na Deputación de Ourense

A cabeza de lista do PSdeG-PSOE pola provincia de Ourense, Noela Blanco, sinalou a publicación no DOG de hoxe do anuncio da convocatoria de 128 postos de traballo na Deputación de Ourense a catro días das eleccións autonómicas. Esixiu “garantías máximas de limpeza e equidade” no proceso logo da “lamentable historia de nepotismo, compra de vontades e ata presunto acoso sexual que agocha a xestión de persoal do ente por parte dos Baltar”.

A candidata socialista esixiulle a Feijóo que explique si “esta manobra forma parte do seu acordo con Baltar de garantirlle votos a cambio de mantelo na Deputación mentres é investigado por suposto cohecho e acoso sexual”. Baltar, engade, “danos exactamente a medida de ata onde chega o compromiso ético de Feijóo, que ampara unha traxectoria de falta de respecto á institución e que avergonza aos ourensáns”.

Blanco anunciou que os socialistas galegos “seguiremos con lupa o proceso de contratación” para garantir a súa limpeza, logo de lembrar que o orzamento de persoal da Deputación de Ourense rolda o 40 por cento do seu orzamento total e o gasto en investimento produtivo non chega ao 20 por cento.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar