Desbloqueo das pensións dos emigrantes retornados de Venezuela

Desbloqueo das pensións dos emigrantes retornados de Venezuela

Desbloqueo das pensións dos emigrantes retornados de Venezuela

O responsable da Área de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, alertou hoxe da situación dos 3.500 galegos pensionistas retornados de Venezuela aos que aquel país non lles está a pagar a pensión. Os socialistas levarán unha proposición non de Lei ao Pleno desta semana para pedirlle ao goberno que desbloquee esta situación.

Díaz Villoslada sinalou a “situación imposible” destes galegos que, por figurar como beneficiarios dunhas prestacións públicas dende Venezuela que non reciben, tampouco poden acceder aos servizos de axudas sociais e ven retirados os complementos de mínimos da Seguridade Social.

Os socialistas galegos reclámanlle á Xunta que se dirixa ao Goberno central para garantir a protección da emigración galega naquel país, desbloqueando ademais os pagamentos das pensións, como obrigan os convenios bilaterais subscritos entre os dous países. Ademais reclama “todas as medidas necesarias para atender ás necesidades máis urxentes dos emigrantes galegos” afectados pola situación do país suramericano.

Ruptura da orde democrática

O parlamentario socialista urxe así a “adoptar todas as medidas precisas, e sen deixar de confiar nos planteamentos de diálogo e mediación en marcha, para avanzar decididamente na paz social, a estabilidade política e institucional en Venezuela, con pleno dereito á democracia e respecto aos Dereitos Humanos”, logo dunha situación que ven supor a “ruptura da orde democrática”, como describiron “numerosos países e organismos”.

A proposta socialista inclúe así demandarlle ao Estado “unha acción exterior firme, prioritaria e prudente co Goberno da República de Venezuela que, apostando polo diálogo, garanta as liberdades democráticas venezolanas, coa liberación dos presos políticos, asegure os necesarios procesos electorais transparentes e esixa o máximo respecto aos dereitos humanos”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar