Desbloqueo da renovación da Oficina do Valedor do Pobo

Desbloqueo da renovación da Oficina do Valedor do Pobo

Desbloqueo da renovación da Oficina do Valedor do Pobo

Valedor do Pobo de GaliciaA portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Peticións do Parlamento, Patricia Vilán, valorou hoxe o “desbloqueo” na renovación da Oficina do Valedor do Pobo, que culminou hoxe coa designación de Pablo David Cameselle Martínez como adxunto á Valedora proposto polos socialistas galegos.

A responsable socialista salientou o currículo deste licenciado en Ciencias Políticas pola Uned, de 40 anos, actualmente director xerente da Fundación Vigo Convention Bureau e especializado no dereito da xuventude, que lle permite ofrecer “renovación e ideas á nosa Valedora”.

Vilán lamentou a oposición a esta proposta por parte dos restantes grupos da oposición que, dixo, “responde a cuestións que nada teñen que ver coa propia institución”. Subliñou que o nomeamento culmina a renovación do órgano, que tiña ao seu titular en funcións dende hai mais de 3 anos, e que hoxe conta por primeira vez cun adxunto que terá “funcións diferentes ao da mera substitución da Valedora”.

Salientou a función “fundamental da Oficina do Valedor no control e garantía dos dereitos dos cidadáns na súa relación coa administración pública”, e aproveitou para lembrar a proposta de modificar a Comisión de Peticións do Parlamento para que sirva como “porta de entrada” da cidadanía na Cámara, acollendo as intervencións de cidadáns e expertos nas cuestións a debate no Parlamento, unha proposta que foi rexeitada polo PP.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar