Desatención xeneralizada na sanidade galega aos abortos a partir do terceiro trimestre

Desatención xeneralizada na sanidade galega aos abortos a partir do terceiro trimestre

Desatención xeneralizada na sanidade galega aos abortos a partir do terceiro trimestre

A deputada socialista Marián Ferreiro denunciou hoxe que “en tódolos hospitais de Galicia nos que se fan abortos a partir do terceiro trimestre está a pasar o mesmo ou peor que na Coruña”. A deputada socialista levou á Comisión de Sanidade unha pregunta sobre os graves problemas denunciados pola Plataforma polo Dereito ao Aborto Digo de A Coruña na atención sanitaria prestada nestes casos en Galicia.

Ferreiro advertiu que o problema radica no criterio “absolutamente arbitrario” dos profesionais que teñen que atender estes casos debido á falla de “ningún protocolo por escrito” na sanidade pública galega. As queixas polo trato reprodúcense en tódolos centros hospitalarios galegos, que obvian os criterios determinados pola Organización Mundial da Saúde.

Subliñou que “o normal sería que o goberno de Feijóo analizara de verdade o que está pasando e ofrecera os resultados reais das supostas auditorías que están a facer”. Desmentiu que os hospitais galegos asuman a totalidade dos abortos nos embarazos de máis de 14 semanas, provocados por risco na saúde da nai ou malformacións no feto, e puntualizou que “faise algún que outro, non sabemos por qué razón”.

A responsable socialista aludiu aos casos denunciados no Hospital de A Coruña, onde as mulleres foron ingresadas na unidade de Xinecoloxía e non en Maternidade, onde “carecen dunha planta de partos nin de persoal adecuado que precisa a muller”. Sinalou a necesidade de apoio psicolóxico e sanitario no momento da dilatación e expulsión que “teñen que afrontar en solitario na cama ou mesmo no retrete”.

A situación non resulta moito mellor naqueles casos derivados a centros hospitalarios de Madrid, onde só se financia o traslado, e non a estancia nin a manutención, e que os afrontan de novo sen atención psicolóxica. Estas derivacións son xeneralizadas en Lugo e Ourense e aleatorias no resto de Galicia “non sabemos con qué criterio”, engadui.

Puntualizou que “non hai mala praxe por parte dos profesionais de xinecoloxía nin de enfermería, cos que houbo conversas para resolver esta situación e mesmo recibiron por escrito as normas internacionais, pero paralizouse todo”.

Aludiu así aos contactos entre os centros de planificación familiar e o Hospital de A Coruña, iniciadas en xullo pasado, pero, engadiu, “estamos en marzo e non se fixo nada, por iso a Plataforma polo Dereito ao Aborto Digno de A Coruña fixo públicas estas circunstancias”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar