Desatención nos abortos

Desatención nos abortos

Desatención nos abortos

A portavoz de Sanidade e Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, anunciou hoxe unha batería de iniciativas recollendo as situacións e propostas dos profesionais e vítimas da desatención aos abortos no segundo trimestre na sanidade pública. O obxectivo, dixo, é “resolver estes casos e que ningunha muller volta ter que vivir esta experiencia”.

Os socialistas galegos reuniron hoxe na Cámara autonómica a persoas afectadas polo trato deficiente na sanidade pública, xunto con xinecólogos, matronas, psicólogos, traballadores dos Centros de Orientación Familiar e a Plataforma Galega do Aborto de A Coruña para tratar os casos feitos públicos de desatención no Hospital de A Coruña.

As deputadas Carmen Acuña e Marián Ferreiro, xunto coa secretaria de Igualdade do PSdeG-PSOE, Eva Martínez, reuniron hoxe a “mulleres que viviron este pesadelo e profesionais que traballan a diario na atención da muller” para estudar estas situacións. Evidenciaron o “retroceso na atención á saúde da muller” dende os gobernos de Núñez Feijóo, tanto nos casos de mulleres sas como no caso singular dos abortos.

Durante o encontro escoitaron testemuñas da desatención dos abortos no segundo trimestre para avaliar posibles solucións e “propostas que lle faremos chegar ao goberno galego”.

No encontro de hoxe trataron entre outros o caso particular dunha muller que foi derivada á sanidade privada de Madrid para someterse á interrupción dun embarazo logo da proba da amniocentese.

O caso foi cualificado de “maltrato” pola propia afectada tanto pola desatención que sufriu dende a sanidade pública como polo feito de ter sido derivada a fora de Galicia cando, explicou Acuña, “temos os recursos e o marco legal” para realizar a intervención cunha técnica que “é realizada con normalidade nos nosos centros hospitalarios”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar