Desastre na xestión dos campamentos de verán da Xunta

Desastre na xestión dos campamentos de verán da Xunta

Desastre na xestión dos campamentos de verán da Xunta

A responsable de Política Social do Grupo Socialista, Noela Blanco, reclamou hoxe a dimisión da directora xeral de Xuventude polo “desastre” no que converteu a campaña de verán dos campamentos da Xunta. Así o dixo na comparecencia deste alto cargo na Comisión de Política Social do Parlamento para dar conta do procedemento de contratación nesta campaña.

Blanco denunciou a “inoperatividade e incapacidade” demostrada pola responsable, que “só demostrou habilidade para xerar problemas”. Reclamou o seu abandono logo de evidenciar que “nega a realidade e non recoñece os problemas, polo que demostra que non vai buscar solucións e estaremos condenados a vivir a mesma situación o próximo ano”.

A responsable socialista acusou á directora xeral de ter levado ao límite o procedemento de contratación, expoñendo aos traballadores a unha carreira de obstáculos e poñendo en risco a conciliación de milleiros de familias, deteriorando gravemente a calidade do servizo.

Lembrou que “por moito que culpen á Lei de Contratación, esta foi aprobada 8 meses antes do comezo dos campamentos”, o que non impediu a “chapuzada” nos pregos de contratación do goberno galego, deixando ás empresas facer ofertas con baixa temeraria e obrigando a explorar os límites da Lei para poder iniciar antes o procedemento.

Isto provocou “situacións insostibles”, con persoal sen as titulacións de monitor de tempo libre necesarias, sen competencias para impartir actividades náuticas, e que foron obrigados a impartir un número excesivo de horas, provocando un problema de inseguridade xurídica. Mentres, as familias de máis dunha decena de campamentos comezaron un día máis tarde, obviando o custe para a conciliación familiar.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar