Denuncian que os orzamentos de Rajoy “fan desaparecer a pesca das políticas do estado”

Denuncian que os orzamentos de Rajoy “fan desaparecer a pesca das políticas do estado”

Denuncian que os orzamentos de Rajoy “fan desaparecer a pesca das políticas do estado”

Marisol Soneira critica o “brutal recorte” suprime os investimentos en seguridade dos atuneiros que faenan no Índico

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Marisol Soneira, denunciou que os recortes nos orzamentos do Estado “fan desaparecer á pesca das políticas de Estado”. Presentou unha interpelación na que advirte do “brutal recorte” nos orzamentos, que duplican o recorte medio e que se dispara ao 73,25 por cento no caso das transferencias ás autonomías para financiar do FEP.

Soneira dixo que Rajoy “fixo desaparecer a pesca da denominación do Ministerio e, a través dos orzamentos, fai que desapareza das políticas do Estado. Así, salientou que o recorte nestas políticas supera o 35 por cento mentres a redución media sitúase no 16,9 por cento, unhas cifras que palidecen diante do recorte do 73 por cento nas transferencias para financiar o Fondo Europeo de Pesca.

A responsable socialista sinala que, mais alá do recorte xeral dos orzamentos destinados ás políticas pesqueiras, no tocante aos programas e partidas concretas as reducións “comprometen seriamente as políticas de pesca das comunidades autónomas, e moi especialmente a da primeira autonomía pesqueira, que é Galicia”.

Seguridade dos atuneiros

Advertiu que o goberno de Rajoy “esquece” os investimentos en seguridade dos atuneiros do Índico poñendo en “serio perigo” as naves galegas. Engadiu que a decisión do Goberno supón abandonar os paros temporais da flota de Nafo, mentres “non garante recursos suficientes como para manter o plan de recuperación da pescada”.

Ademais, engadiu que a retirada de tódolos fondos para a cooperación internacional pesqueira supón “pechar as portas a acordos internacionais para a flota galega no seo da UE. Explicou que os recortes obrigan a reducir os fondos para acuicultura en mais dun 57 por cento, abandona ás organizacións do sector, ás que “non destina un euro por primeira vez na historia”.

Apuntou que o PP ven de presentar os orzamentos do “golpe de graza á investigación pesqueira” e fan desaparecer os fondos destinados ás organizacións do sector, cunha redución “practicamente a cero” tal e como están facendo “en tódalas partidas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar