Denuncian que os orzamentos da Xunta constitúen “a agresión mais brutal por parte dun goberno contra os funcionarios públicos”

Denuncian que os orzamentos da Xunta constitúen “a agresión mais brutal por parte dun goberno contra os funcionarios públicos”

Denuncian que os orzamentos da Xunta constitúen “a agresión mais brutal por parte dun goberno contra os funcionarios públicos”

Xuntanza do Grupo Socialista co Comité Intercentros da Xunta, que representa a 10.000 traballadores da administración pública autonómica

Beatriz Sestayo presentará emendas para recuperar a calidade dos servizos públicos e restaurar os dereitos dos traballadores públicos

A portavoz de Presidencia, Administración Pública, Xustiza e Interior, Beatriz Sestayo, advertiu que os orzamentos da Xunta perpetran “a agresión mais brutal por parte dun goberno contra os funcionarios publicos”. Así o dixo logo dunha xuntanza co Comité Intercentros da Xunta, que representa a 10.000 traballadores da administración pública autonómica.

A responsable socialista advertiu que o orzamento presentado por Feijóo incumpre sistematicamente os seus compromisos cos empregados públicos e busca empeorar a calidade dos servizos públicos como primeira parada na súa “folla de ruta” para a privatización de servizos. Comprometeuse a presentar unha batería de emendas aos orzamentos para recuperar a calidade dos servizos públicos e restaurar os dereitos destes traballadores.

Os socialistas ratificaron hoxe o seu apoio aos empregados públicos e constataron as “mentiras” de Feijóo sobre os compromisos adquiridos cos empregados públicos na campaña electoral. Advertiu que o recorte de prazas e o deterioro na calidade do servizo prexudican especialmente a “servizos moi sensibles como as emerxencias ou os servizos sociais, que requiren especial atención”.

O persoal da Xunta de Galicia denunciou a vulneración unilateral, por parte do Goberno galego, do convenio co persoal laboral, que teñen que sumar a supresión do descanso na xornada laboral aos recortes no poder adquisitivo. A eliminación do descanso, que fora incluída na Lei de Acompañamento dos Orzamentos de 2012, foi recuperado na nova Lei de Orzamentos, que incumpre os termos do convenio deixándoo en suspenso.

Sestayo lembrou que o Grupo Socialista foi o único en denunciar, na comparecencia do conselleiro de Presidencia, o incumprimento do devandito convenio pola Lei de Orzamentos que vulnera o descanso destes traballadores. Advertiu unha oposición “combativa” contra a vulneración dos dereitos destes traballadores, que afecta a “servizos públicos esenciais que o PP quere privatizar”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar