Denuncian que o PPdeG vota no parlamento en contra do acordo asinado por Feijóo co sector lácteo

Denuncian que o PPdeG vota no parlamento en contra do acordo asinado por Feijóo co sector lácteo

Denuncian que o PPdeG vota no parlamento en contra do acordo asinado por Feijóo co sector lácteo

Pablo García presenta unha iniciativa idéntica ao acordo asumido polo presidente da Xunta no pasado ano que é rexeitada polo PP en Comisión

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, advertiu que o PP votou no Parlamento en contra do acordo asinado por Feijóo cos produtores de leite no pasado mes de decembro. García sinala que o PP rexeitou na Comisión de Agricultura de hoxe unha proposición non de Lei cos mesmos apartados que aquel compromiso asumido por Feijóo co sector lácteo galego.

O responsable socialista amosouse hoxe “fondamente decepcionado” pola decisión do PP, a quen mesmo afeou a “desfachatez” de ter incumprido os compromisos do acordo nos Orzamentos da Xunta e á hora de acadar a incorporación das demandas de Galicia ao borrador da Lei de calidade alimentaria que está a tramitar o Ministerio de Agricultura.

García ironizou dicindo que “estamos seguros de que o PP seguramente rectifique” para incluír os acordos nos orzamentos da Xunta, agora en debate de emendas en Comisión, e para conseguir que o ministro Arias Cañete incorpore as demandas na devandita Lei. Sinalou que o propio ministro negara calquera tipo de contacto por parte da Xunta para dar cumprimento ao acordado.

Puntualizou que “si toda a xestión á que se comprometía Feijóo era que a conselleira de Medio Rural fixera alegacións a esa Lei dende logo non era necesario asinar un acordo cos produtores de leite de Galicia”.

Estas medidas que reclamaron os socialistas, e que foran acordadas previamente por Feijóo, inclúen impedir o pago do leite por debaixo do custo medio de produción. Tamén reclamou a creación dunha mesa de negociación para que a Xunta arbitre a posta en marcha de contratos homologados, estendendo os compromisos acadados ao ámbito estatal, tal e como se comprometera no acordo cos produtores.

Os socialistas galegos tamén solicitaron vincular todas as axudas públicas ao cumprimento dos compromisos acadados na mesa, a posta en marcha de medidas lexislativas para que o leite determine a súa procedencia, e un plan de inspeccións para asegurar o cumprimento da normativa de calidade.

A iniciativa socialista incorporaba tamén o compromiso de apoiar ás Organizacións de Produtores do Leite a través dos orzamentos da Xunta para o fortalecemento da posición negociadora dos produtores, o impulso ao sector de transformación do leite para pechar o ciclo produtivo en Galicia.

En canto ao apoio económico, solicitou un plan de refinanciación da débeda das explotacións “dándolle un mecanismo áxil que lle permita xerar liquidez”, establecer unha moratoria nos créditos oficiais ou medidas legais e fiscais específicas que permitan un modelo con maior base territorial para abaratar os custes e facilite a chegada de axudas comunitarias.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar