Denuncian que o orzamento da Consellería de Traballo “crea paro, endebeda mais a galicia e agudiza os recortes sociais”

Denuncian que o orzamento da Consellería de Traballo “crea paro, endebeda mais a galicia e agudiza os recortes sociais”

Denuncian que o orzamento da Consellería de Traballo “crea paro, endebeda mais a galicia e agudiza os recortes sociais”

Carmen Gallego advirte que a Xunta avanza na “consolidación da súa ideoloxía privatizadora” e lembra que posúe “autonomía e competencias para facer outro orzamento”

Afirma que é “mentira” que o 77 por cento do orzamento corresponda a gasto social e acusa á Xunta de “facer trampa nas contas, habilitar menos recursos e agochar os gastos financeiros”

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Socialista, Carmen Gallego, denunciou que o orzamento da Consellería de Traballo e Benestar “crea paro, endebeda mais a Galicia e agudiza os recortes sociais”. Así o dixo na comparecencia da titular deste departamento na Comisión de Orzamentos do Parlamento para presentar os orzamentos de 2013.

Apuntou que o orzamento desta Consellería “só ofrece mais paro, mais precariedade laboral, mais pobreza, mais exclusión social e a consolidación da súa ideoloxía pritatizadora fronte ao público” recortando un 40,37 por cento os orzamentos dedicados ao traballo cando mais crece o desemprego. Advertiu que Feijóo decidiu dar un paso mais na súa axenda de “asistencialismo fronte a inclusión e caridade fronte a dereitos”.

Carmen Gallego Dixo que este orzamento “só trae novos records de paro para Galicia e achanda o camiño para a privatización dos servizos públicos, tanto de emprego como de servizos sociais”, que opta pola eliminación da dirección xeral de Promoción de Emprego como mellor exemplo da “mensaxe de que esta non é a súa prioridade”.

Denunciou que mentres Galicia acada ano tras ano as peores cifras de desemprego da súa historia, sendo a Comunidade Autónoma que mais emprego destrúe, con 278.787 parados rexistrados en decembro, con 356.952 demandantes de emprego. Sinala que estes datos “deberan facer reflexionar ao goberno de Galicia sobre as políticas orzamentarias que plantexa e o seu efecto na economía real e nas persoas”.

Lamentou que en lugar de impulsar a creación de emprego, Feijóo teña decidido diminuír o orzamento desta Consellería de 911 a 741 millóns de euros, mentres as políticas activas de emprego pasaron de 421 millóns de euros en 2009 a 202,3 millóns de euros, “menos da metade do orzamento para a Comunidade Autónoma na que medra mais o paro”. Acusounos que provocar que o servizo de emprego funcione mal “para logo privatizalo”.

Criticou que o orzamento para política social ten diminuído dende os 1.003 millóns de euros en 2009 para protección e promoción social aos 768 millóns en 2013 “con mais persoas en risco de exclusión social, con mais paro, con mais dependentes e mais envellecemento, e con xa 80.000 familias galegas con tódolos seus membros en paro”.

Gallego afirmou que é “mentira” que o 77 por cento do orzamento corresponda a gasto social e acusa á Xunta de “facer trampa nas contas, habilitar menos recursos e agochar os gastos financeiros”, xa que a realidade é que o gasto social supón o 68,42 por cento do orzamento da Xunta.

Acusou á conselleira de “disfrazar a realidade” vendendo como grandes logros partidas orzamentarias que non superan os 3 millóns de euros, cando a realidade é que reducen as prestacións ás familias e á infancia nun 9,23 por cento, a atención ás persoas dependentes nun 7,75 por cento, a atención a maiores e discapacitados nun 10,10, os programas de solidariedade nun 22,39, a atención á xuventude -14,02-, e os servizos sociais comunitarios nun 23,83.

A responsable socialista criticou que o único que incremente sexa a débeda pública de Galicia, que con Feijóo pasou de 5.000 millóns de euros en 2009 aos 12.000 que acadará en 2013, obrigando a pagar 834 millóns de euros cada ano pola súa amortización, 100 millóns de euros mais que o orzamento da Consellería de Traballo.

Dependencia

Carmen Gallego dixo que Feijóo está a poñer en “grave perigo” a aplicación da Lei da Dependencia, unha lei que están “incumprindo e desmantelando pola vía os feitos”. Advertiu que se trata “mais que pola crise económica polas decisións políticas dun goberno do PP empeñado na regresión dos dereitos e no debilitamento do nivel de cohesión e protección social acadado no conxunto do Estado”.

Dixo que a Xunta “non está asumindo as obrigas que lle corresponden para o desenvolvemento da Lei de Dependencia”, co que “ás persoas ás que se lles aproba o Plan Integral de Atención non se lles aproba a correspondente resolución que lles da o dereito á atención ou se tarda mais dun ano en aprobala”.

Lembrou que “acabamos de vivir hai escasas datas a primeira manifestación da discapacidade en España”, na que participaron as organizacións que traballan coa discapacidade en Galicia, gravemente preocupados pola eliminación das cotizacións á Seguridade Social dos coidadores ou o recorte do 15 por cento nas súas prestacións.

Sinalou que a Xunta dedica tan só 60.000 euros á inclusión social de persoas con discapacidade. Cualificou de “paradigmático” o tratamento dado aos programas de servizos sociais cos concellos, notificando un recorte do 80 por cento fora de prazo, co que os concellos tiveron que asumir os gastos, en definitiva, menos recursos para financiar, mais custe para as persoas usuarias e mais obriga para os concellos”.

Esta decisión obrigou a “desaparecer as partidas dedicadas á inmigración, como os mediadores interculturais, e poñendo en risco ás axudas ao fogar e aos educadores familiares”. Finalmente, dixo, a través do Decreto de servizos sociais “culminaron un reparto de competencias coas deputacións provinciais que xa non leva mais que á xestión privada destes servizos sociais”, como ten anunciado a Deputación de Pontevedra.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar