Denuncian que Feijóo vai anular o convenio coa Asociación de Ortopédicos de Galicia deixando sin asistencia a máis de 40.000 usarios

Denuncian que Feijóo vai anular o convenio coa Asociación de Ortopédicos de Galicia deixando sin asistencia a máis de 40.000 usarios

Denuncian que Feijóo vai anular o convenio coa Asociación de Ortopédicos de Galicia deixando sin asistencia a máis de 40.000 usarios

Carmen Acuña afirma que si se confirma a denegación deste convenio “os doentes terán que aboar a totalidade do importe material protésico que precisen”

Advirte que esta medida “non supón para o Sergas máis que un 0.10 % do orzamento ao redor duns 9 millóns de euros o ano”

Quere saber, entre outros asuntos, si a Consellería de Sanidade esta utilizando esta anulación para amortizar a débeda preexistente?

A portavoz de sanidade do Grupo Parlamentario Carmen Acuña anunciou que rexistrou unha interpelación no Parlamento no que reclama explicacións sobre o convenio entre a Consellería de Sanidade e a Asociación de Técnicos Ortopédicos de Galicia. Explica que na nosa Comunidade a prestación ortoprotésica que se facilitaba aos doentes do sistema público de saúde estaba cofinanciada, ata agora, pola Administración autonómica.

Sinala que segundo consta no convenio “ningún paciente do Sergas tería que pagar máis de 36 euros por calquera prestación ortopédica no noso país”. É dicir, “que tanto se o doente precisaba dunhas plantillas como se o que necesitaba era unha faixa lumbar tan so aboaba unha parte e o resto o poñía o propio Sergas”, explica.

Ademais, algunhas prestacións estaban exentas de pago como no caso de próteses amputadas, oculares ou audiófonos para os menores de 30 anos. A deputada subliña ademais que sobre estas prestacións conveniadas existía un dobre control “por un lado a prescrición facultativa e tamén o visto bo da inspección sanitaria”.

Sinala que unha vez que finalizaba a necesidade, nos casos agudos, do material ortoprotésico como por exemplo dunha cadeira de rodas, esta devolvíase para que puidera ser utilizada por outro doente nun sistema de préstamo mediado pola Administración sanitaria autonómica.

Así as cousas denuncia que “coa desculpa da crise e coa complicidade dos gobernos do PP do Estado e de Galicia, esta situación parece ser que vai mudar xa que a consellería ten decidido rematar con dito convenio”.

A parlamentaria afirma que si se confirma a denegación deste convenio “os doentes terán que aboar a totalidade do importe material protésico que precisen”. E proseguiu “ademais, durante o tempo en que tarde en desenrolarse e concretarse o decreto lei do Estado sen excepcións nin por patoloxías nin por tramo de renda”.

Asevera que “a anulación dese convenio en Galicia vai afectar a máis de 40.000 usuarios e usuarias”,e advirte que esta medida “non supón para o Sergas máis que un 0.10 % do orzamento ao redor duns 9 millóns de euros o ano”.

Interpelación parlamentaria

Critica que “é pouco gasto público e pouco aforro para unha medida que vai ter sen dúbida gran impacto social”.

Por todo Carmen Acuña reclama explicacións ao Goberno de Feijoo para coñecer; “cando e porque razón vai a Consellería de Sanidade a anular o convenio existente en Galicia para a prestación ortoprotésica?, como vai quedar dita prestación na nosa Comunidade Autónoma a partir de xaneiro do 2013?”.

Quere coñecer cal vai ser o orzamento destinado pola Xunta de Galicia, a partir de agora para esta prestación?, como pensa a conselleira que nesta situación de crise que vivimos poderán os doentes costearse próteses que poden chegar a custar uns 4.000 euros?, e por ultimo cando e como vai saldar a débeda existente cos ortoprotésicos correspondente o ano 2012 e xerada polo peche de exercicio a metade de ano?.

E por ultimo quere saber si a Consellería de Sanidade esta utilizando esta anulación para amortizar a débeda preexistente?.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar