Denuncian que Feijóo “nin está nin se lle espera” para dar conta no Parlamento da situación financeira e económica de Galicia

Denuncian que Feijóo “nin está nin se lle espera” para dar conta no Parlamento da situación financeira e económica de Galicia

Denuncian que Feijóo “nin está nin se lle espera” para dar conta no Parlamento da situación financeira e económica de Galicia

Abel Losada critica o bloqueo “numantino” do PP á Comisión de Investigación sobre a desaparición das caixas galegas

Pachi Vázquez preguntaralle ao presidente polos recortes en servizos públicos esenciais para os maiores

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, criticou que o presidente da Xunta “nin está nin se lle espera” para dar conta na Cámara autonómica da situación financeira e económica de Galicia no peor da crise económica. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces que se celebrou hoxe no Parlamento para fixar a orde do día do próximo Pleno.

Losada advertiu que o presidente da Xunta eludirá comparecer no último Pleno do período de sesións logo de que o PP rexeitara as dúas solicitudes presentadas polos socialistas para explicar a situación do sistema financeiro e da débeda pública galega. O responsable socialista lamentou que o PP preferira incluír unha comparecencia do conselleiro de Cultura sobre o Plan Gaiás “que nin sequera foi remitido ao Parlamento”.

Criticou que a Xunta prefira o “oscurantismo” e a “opacidade” mentres Feijóo expón conclusións “falsas” sobre a situación financeira de Galicia. Desmentiu o seu anuncio de que esta autonomía sexa a mais solvente de España, xa que actualmente hai 11 que teñen menos débeda pública sobre o PIB, hai novos datos de facturas pendentes de pago coa Federación da Construción e a licitación pública desplómase de acordo con Seopan.

O responsable socialista criticou o “inaudito bloqueo á Comisión de Investigación” sobre a desaparición das caixas galegas por parte do PP, ao que acusou de manter unha “posición numantina” a pesares das promesas do propio presidente da Xunta e do portavoz deste grupo parlamentario. Os “populares” impediron por segunda vez que os socialistas levaran ao Pleno a solicitude de creación desta Comisión.

Losada advertiu que con esta postura, o presidente da Xunta e o PP están a demostrar a súa “falla de compromiso coa confianza que se fundamenta na transparencia” sobre o proceso de fusión e desaparición das caixas galegas.

O próximo Pleno incluirá ademais dúas interpelacións sobre materia económica, que tratarán o fracaso da política industrial da Xunta, que se ven reflectindo nos datos do Índice de Produción Industrial, e o adianto do peche do exercicio orzamentario da Xunta a setembro para trampear as cifras de déficit, cando o habitual é realizalo a finais de decembro.

Tamén serán debatidas tres preguntas orais sobre a situación de NGB, a xestión da fraude das participacións preferentes por parte do goberno galego e a situación da empresa ferrolá Privilege.

Servizos públicos

A sesión de control ao presidente da Xunta estará protagonizada nesta ocasión polos recortes en servizos públicos esenciais para os maiores galegos diante do inicio da aplicación do copago, a partir do 1 de xullo, a medicamentos, próteses, transporte sanitario non urxente e alimentos médicos dietéticos.

Losada salientou a especial incidencia desta medida imposta por Rajoy e asumida docilmente polo goberno de Feijóo para a Comunidade Autónoma mais envellecida do Estado, coas pensións medias mais baixas e unha poboación especialmente dispersa. Salientou ademais que Galicia atópase nas últimas posicións do Estado na aplicación da Lei da Dependencia, con especial incidencia para este colectivo.

Finalmente, salientou que mentres Feijóo “presume” de garantir os servizos públicos, os datos demostran que “isto é radicalmente falso” por canto ten suprimido o 80 por cento do Plan Concertado e “literalmente destruíu” os plans de atención ás persoas maiores.

Explicou que no próximo Pleno tamén serán debatidas unha moción socialista sobre a modificación da planta xudicial de Galicia e unha proposición non de Lei sobre o voto emigrante, co obxecto de suprimir o voto rogado e constituír circunscricións electorais que garantan unha maior transparencia.

Iniciativa Lexislativa Popular

Losada lamentou que o PP teña bloqueado hoxe tamén o debate de dúas iniciativas lexislativas populares “en contra do seu discurso sobre a necesidade de abrir o Parlamento á rúa”. Criticou así que hoxe impediran incluír o debate sobre estas iniciativas, que constitúen o exemplo máis claro de política participativa, polo feito de reclamar a continuidade do Preescolar na Casa e da Defensa e Promoción da Sanidade Pública.

Denunciou que a realidade é que “non queren falar, dar a cara nin explicar o que están facendo cos servizos sociais” logo de ter asestado unha redución de 1.000 millóns de euros á sanidade e de anunciar o retraso de tratamentos oncolóxicos no Hospital de Santiago, o que supón un “insulto aos enfermos graves desta Comunidade Autónoma”.

O responsable socialista anunciou tamén a solicitude de habilitar o mes de xullo para que o traballo do Parlamento continúe “e tratar os temas que preocupan de verdade aos galegos e galegas e o PP impide coa escusa de que os plenos están demasiado cargados”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar