Denuncian que Feijóo convirte o lume nun negocio

Denuncian que Feijóo convirte o lume nun negocio

Denuncian que Feijóo convirte o lume nun negocio

A empresa Natutecnia contactou con traballadores de anteriores campañas de incendios da Xunta para convocalos a un proceso selectivo

Os socialistas cren que Rosa Quintana debe poñer orde ante e a evidente privatización do servizo de incendios e o descontrol coa conformación do dispositivo

O PSdeG-PSOE considera que Feijoo quere converter o lume nun negocio. Así de contundentes reaccionan tras ter coñecemento directo de que nas pasadas semanas a empresa Natutecnia contactou con traballadores de anteriores campañas de incendios da Xunta para convocalos a un proceso selectivo destinado a contratar persoal para uns traballos que aínda non foron licitados.

A responsable de Medio Rural da executiva galega, Ana Doval, fai fincapé no proceso de privatización que Medio Rural está facendo pola porta de atrás cunha empresa vinculada a Carlos del Alamo, conselleiro de Medio Ambiente do goberno Fraga. Neste sentido, critica abertamente o procedemento “chapuceiro” que están a seguir desde Medio Rural cun servizo que os socialistas reclamaron que estivera activo desde abril e que agora van facer con 3 empresas Natutecnia, Seaga e Tragsa "deprisa e correndo" de modo que a coordinación de todo o dispositivo será “complexa e farragosa”.

Desde as filas socialistas destacan que resulta máis barato e sostible previr os incendios que apagalos, sen embargo as axudas para prevención destinadas ás comunidades de montes están sen resolver e un dispositivo de incendios coordinado e eficaz “parece non ser unha prioridade para o departamento de Medio Rural”. Respecto a este último punto Doval pregúntase se haberá un único plan de seguridade e saúde para todo o dispositivo ou se cada empresa terá o seu propio plan o que sería contraproducente para a seguridade laboral dos traballadores e traballadoras.

Destacan tamén que entenden porque o goberno de Feijoo non quixo aceptar a súa proposta de pacto polo monte galego que o Secretario Xeral dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, presentou o pasado 5 de xuño, porque "mentres os socialistas pensamos en propostas para valorizar o monte, mellorar o dispositivo de prevención e reducir o número de incendios, o PP anda máis centrado en privatizar o servizo, maquillar as cifras dos recursos e dos incendios e, o máis grave, facer negocio cun problema de país", afirma Doval.

O PSdeG-PSOE reclama que Quintana poña orde no seu departamento tras levar tres anos de escándalos ante a xestión do dispositivo de incendios. Así, recordan como o ano pasado os brigadistas denunciaban o estado dos medios de traballo ou a falla de medios para intervir ante os lumes e este ano terán que adaptase á reforma laboral, cos prexuízos que iso leva consigo no relativo ás as condicións físicas nas que desenvolverán o traballo, e, aínda por encima terán que traballar brigadistas de varias empresas sen unha coordinación clara.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar