Denuncian que as listas de espera seguen a medrar, a pesares das maquillaxes e trampas de Feijóo para ocultalo

Denuncian que as listas de espera seguen a medrar, a pesares das maquillaxes e trampas de Feijóo para ocultalo

Denuncian que as listas de espera seguen a medrar, a pesares das maquillaxes e trampas de Feijóo para ocultalo

A deputada Carmen Acuña afirma que, en tres anos pasaron de 34.060 a 37. 689, unhas 3.700 persoas máis. A media de espera pasou de 67 a 80 días nos tres anos de Goberno Feijoo

Reta ó Executivo de Feijoo a “deixarse de milongas” e ensinar as listas non estruturais

Denuncia a influencia dos recortes económicos e humanos e o aumento do peche de camas nas listas de espera

Os socialistas galegos culpan a Feijoo de que hoxe existan máis pacientes en listas de espera que hai tres anos, xa que é o Presidente galego o impulsor das políticas de recortes económicos e humanos ou de que cada vez se pechen máis camas no verán.

En rolda de prensa, a parlamentaria Carmen Acuña, ven de acusar ao Goberno de Feijoo de incorporar novas “trampas e maquillaxes” nas listas do Sergas para ocultar que, en realidade, hoxe hai máis de 250.000 persoas esperando para operarse, pola 1ª consulta de especialista ou esperando unha proba complementaria.

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista advirte da inclusión dunha “nova trampa” para tentar mellorar os datos das listas de espera. Agora, afirma Acuña, se procede á supresión da segunda consulta en especialidades, completando a axenda do facultativo con primeiras consultas. Aparte do efecto que cosmético que poida ter a medida nas listas do Sergas, ocasiona unha paradoxa de que “o paciente esta visto, sen acabar de ver”, explica a socialista, “sen confirmar o diagnóstico nin o tratamento”.

Os socialistas recordan que en 2009 os pacientes nas listas de espera da Sanidade Pública eran 34.060, mentres en 2012 hai 37.689, 3.629 pacientes máis. Tamén denuncian que as listas de espera medran en canto a tempo medio de espera, pasando de 67 días en 2009 a 80,3 no presente ano. Datos que non contan a POVISA, pois o centro concertado de Vigo elevaría a 17 días a diferenza de días a maiores respecto a cando comezou Feijoo a lexislatura.

A parlamentaria do PSdeG-PSOE saíu ao paso da estratexia dos populares de pretender impoñer á opinión pública que agora se encargan máis dos casos pola súa prioridade, en defensa dos facultativos e dos responsables da Sanidade Pública galega, “con calquera dos gobernos, debemos dicir que un enfermo grave non espera no sistema sanitario”.

O que si é certo, segundo a socialista, é que agora incrementouse a espera en cirurxía cardíaca de 62 a 74 días en tres anos e de 66 a 77 días en cirurxía pediátrica.

Tampouco entende moito cómo pode a Xunta presentar datos de redución da listas cando, previamente a unha operación “é necesario pasar pola consulta do anestesista”. Acuña salienta que a lista nesta especialidade pasou de 19 días en 2009 a 129 días na actualidade.

A espera en atención primaria tamén inflúe negativamente nas listas de espera, pois son estes facultativos os encargados de pedir a interconsulta cos especialistas. Espera que tamen se padece a hora de facer unha simple analítica en primaria , explica a deputada socialista,xa que tes unha espera para a extracción de 15 días. E unha vez derivado o especialista aí é probable atoparse coa axenda pechada, “e entón entras no limbo dos pacientes”que ninguén mide , recrimina Acuña aos responsables da Consellería de Sanidade, ou ben pasas a listas de ata máis de cen días en especialidades como neurocirurxía (118 días, cando antes eran 61), en hematoloxía (50 días) ou en cardioloxía (48 días), onde se tratan moitos pacientes desas prioridades 1 e 2.
As probas complementarias tamen poden ter que esperar ata 2.014, como é no caso do Hospital de Lugo para facer unha endoscopia.

Finalmente, Acuña retou á conselleira de Sanidade a “deixarse de milongas” e a amosar a lista non estrutural do Sergas, que segundo a deputada socialista está a medrar por riba do 50% da estrutural.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar