Denuncian que a Xunta duplicará o prezo da auga en 2013

Denuncian que a Xunta duplicará o prezo da auga en 2013

Denuncian que a Xunta duplicará o prezo da auga en 2013

Patricia Vilán critica o “afán recadatorio” da Lei de Augas aprobada polo PP e reclama que as captacións de auga particulares e as traídas veciñais estean exentas de pago

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, ven de presentar unha Interpelación diante da aplicación da suba artificial ata duplicar o prezo da auga “cun único afán recadatorio”. Así o establece a aplicación, en 2013, da Lei de Auga elaborada pola Xunta e aprobada polo PP en solitario co voto en contra dos socialistas galegos na pasada lexislatura.

Vilán sinala que os novos tributos “son de aplicación en moitas cidades e vilas galegas dende o pasado mes de outubro, coincidindo cos períodos de cobro dos recibos de abastecemento dos diferentes concellos”. Apunta ademais que “resulta evidente o importante incremento do prezo da auga que o Grupo Socialista viña denunciando, pero Feijóo decidiu a súa aplicación en plena recesión económica”.

A responsable socialista explica que a suba das taxas, así como a creación do canon da auga e o coeficiente de vertidos, demostran “o único obxectivo da Lei de Augas era o feito de recadar” porque todos os galegos temos que pagar auga independentemente de se o seu abastecemento é por rede pública, por traídas veciñais ou a través dos pozos”.

Denuncia que o goberno galego “careza de escrúpulos á hora de cargar sobre as costas da cidadanía unha maior presión fiscal nun momento de grave crise económica”. Vilán puntualizou que, ademais da suba do prezo, as persoas usuarias de traídas veciñais e de pozos “pagarán por vez primeira”.

Sinala que “créase un novo imposto, o canon da auga, e unha taxa, o coeficiente de vertido, que farán que todos os galegos teñamos que pagar auga independentemente de se o seu abastecemento é por rede pública, por traídas veciñais ou a través dos pozos”.

Explica que “non é unha lei de augas, é unha lei de fiscalizade da auga”, porque “a lei non ordena o ciclo integral da auga como sería o desexable, nin fixa obxectivos ambientais de calidade das augas, nin regula todos os usos da auga, nin prevé as actuacións en casos de enchentes ou de secas”.

A deputada socialista asegura que “o forte rexeitamento” que produce esta lei ven producido porque “non se comeza a aplicar ata ano e medio despois de ser aprobada por primeira vez e sufrindo polo camiño unha importante modificación na Lei de acompañamento dos orzamentos de 2012”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar