Denuncian o incumprimento de Feijóo, da dirección da CRTVG e do PPdeG na nova Lei de Medios de Comunicación Audiovisual de Galicia

Denuncian o incumprimento de Feijóo, da dirección da CRTVG e do PPdeG na nova Lei de Medios de Comunicación Audiovisual de Galicia

Denuncian o incumprimento de Feijóo, da dirección da CRTVG e do PPdeG na nova Lei de Medios de Comunicación Audiovisual de Galicia

Méndez Romeu afirma que non se elixiu ao Director Xeral, o ente non adquiriu personalidade xurídica e non se tramitou o Mandato Marco

Lembrou que o Grupo Socialista asinou esta acordo co fin de “substituír unha televisión ao servicio por unha televisión de servicio publico, e mudar a propaganda pola información plural e separar claramente as sociedades de titularidade publica do Goberno de Galicia”

Preguntouse “si hai capacidade de confiar no Presidente da Xunta cando fala de pactos” e si existe de verdade “vontade para o desenvolvemento da lei co fin de acadar medios de comunicación públicos, independentes, viables e plurais”

“Hoxe temos que constatar –dixo- que o único que pretendía o PP era ganar tempo ata as eleccións galegas e continuar coa subordinación da información que emite a compañía dos intereses do Goberno”

O Viceportavoz do Grupo Parlamentario Socialista Jose Luis Méndez Romeu denunciou hoxe o incumprimento de Feijoo, da Dirección da CRTVG e do Grupo Parlamentario Popular da nova Lei de Medios de Comunicación Audiovisual de Galicia.

En rolda de prensa, o parlamentario socialista, lembrou que este pacto foi acadado fai un ano “e foi plasmado na Lei 9/ 2011 de medios públicos de comunicación e audiovisuais de Galicia, publicada o dia 16 de decembro de 2011, e que leva vixente 1 ano e 3 semanas”, explicou.

Dixo tamén que Grupo Socialista asinou esta acordo co fin de “substituír unha televisión ao servicio por unha televisión de servicio publico, e mudar a propaganda pola información plural e separar claramente as sociedades de información de titularidade publica do Goberno de Galicia”.

Asegura que Feijoo “incumpriu un por un tódolos tramites do articulado desta Lei vixente plenamente en Galicia”. Argumenta que segundo esta normativa “estaba previsto a elección do Director/a Xeral e ademais membros do Consello de Administración nun prazo de seis meses”. Afirma tamén que o prazo máximo para o nomeamento tanto do Director/a Xeral como do resto do Consello de Administración era “un ano, que xa pasou”.

Replica que estes prazos están directamente ligados á adquisición de personalidade xurídica da nova Corporación da CRTVG, e que se constitúe na transferencia de activos e pasivos da Compañía da RTVG, RG S.A., e TVG S.A. ao novo ente. E insistiu nas súas criticas “pasou un ano e non se fixo nada”.

Comisión de Seguimento

Así as cousas sinalou que o Consello da Xunta 16 de febreiro de 2012 aprobou unha Comisión de Seguimento para iniciar o traspaso de activos e pasivos nos termos anteriores “pero nada se fixo dende entón”, espetou. Advirte que no mes de febreiro do 2012 a Mesa do Parlamento tamén aprobou o Regulamento para a elección do Director/a Xeral e dos demais membros do Consello de Administración “pero seguimos esperando ata hoxe”.

O deputado socialista aludiu ademais ao Mandato Marco que “debería ser tramitado no Parlamento no prazo de seis meses, dende a aprobación da Lei para que o Goberno o remitise ao Parlamento”. Denuncia que este prazo rematou o 17 de xuño de 2012.

Lembrou que en xuño do 2012 o portavoz do Grupo Popular entregou ao portavoz do Grupo Socialista un Borrador de Mandato Marco. Advertiu que neste texto recollíanse tódolos conceptos para o desenvolvemento e aplicación da nova Lei “agás o capítulo referido ao financiamento, que é o clave, porque o resto é unha copia da Lei”.

Méndez Romeu dixo que este Mandato Marco, para un período de 9 anos, é clave “porque este regulamento é o encargado dos obxectivos xerais da función de Servizo Público da CRTVG, os programáticos do Servizo Público, os contidos estratéxicos, así como os orzamentos e financiamento”. En consecuencia deste Mandato Marco “a lei di que cada 3 anos se aprobara un contrato-programa que o resuma”, pero insistiu “12 meses perdidos, o que supón un incumprimento total da nova lei”.

Consellería de Facenda non fixo nada

O Viceportavoz socialista acusou á Consellería de Facenda “de non facer nada para iniciar o procedemento de traspaso de activos e pasivos da Compañía RTVG á Corporación RTVG”. Tampouco fixo nada a Dirección Xeral da CRTVG “que esta moi ben instalada no actual proceso de manipulación informativa. E por suposto, “non fixo nada o Grupo Parlamentario do PP, que incumpriu tódolos pasos pactados previamente pactados como a Elección da nova Dirección e Consello, Mandato Marco”.

Afirma que este era o espírito do Pacto na aprobación da nova Lei: Cumprimento dos prazos e mentres, que se fosen percibindo inmediatamente e con claridade cambios nos servizos informativos e na pluralidade informativa. Pero lamentou “hoxe temos que constatar que o único que pretendía o PP era ganar tempo ata as eleccións galegas e continuar coa subordinación da información que emite a compañía dos intereses do Goberno”.

E preguntouse “si hai capacidade de confiar no Presidente da Xunta cando fala de pactos” e si existe de verdade “vontade para o desenvolvemento da lei co fin de acadar medios de comunicación públicos, independentes, viables e plurais”.

Pactos do PP en abstracto

Por ultimo Méndez Romeu lamentou as constantes chamadas ao consenso do PP “onte mesmo o portavoz parlamentario do Grupo PP fixo un novo chamamento e onde ofreceu ata 8 acordos, iso si todos en abstracto, ningún deles coñecido, por iso é moi difícil opinar en abstracto”, ironizou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar