Denuncian o impacto negativo sobre a fauna, a flora e o patrimonio arqueolóxico do parque eólico Pedras Negras

Denuncian o impacto negativo sobre a fauna, a flora e o patrimonio arqueolóxico do parque eólico Pedras Negras

Denuncian o impacto negativo sobre a fauna, a flora e o patrimonio arqueolóxico do parque eólico Pedras Negras

Patricia Vilán presentou unha interpelación parlamentaria para coñecer si a Xunta ten realizado informes de impacto ambiental sobre este proxecto

Denuncia a contaminación de acuíferos durante a construción do parque, que pon en risco 14 xacementos arqueolóxicos da zona

Roteiro nos montes do Morrazo © Colectivo Nacionalista de MarinA parlamentaria socialista, Patricia Vilán, ven de presentar unha interpelación ao goberno da Xunta sobre si ten feito unha avaliación do impacto que o proxecto de parque eólico Pedra Negras na flora e na fauna da zona e sobre a existencia dunha asegunda fase deste proxecto que podería afectar a Pontevedra e ós Chans de Ermelo, ó Monte Paralia e ó Monte do Grilo no concello de Bueu.

A iniciativa socialista pregunta tamén ao Executivo de Feijó polas medidas adoptadas para evitar a destrución de xacementos arqueolóxicos catalogados na zona.

En data 18 de decembro de 2012, o BOP de Pontevedra facía público o proxecto do parque eólico PEDRAS NEGRAS, promovido pola empresa multinacional italiana ENEL GREEN POWER ESPAÑA, SL. Dispón a publicación que ha de afectar aos Concellos de Marín, Moaña, Vilaboa e Bueu.

A implantación deste parque eólico suporá a instalación de 14 aeroxeradores, cunha potencia nominal unitaria de 3.000 Kw e de 14 transformadores de 3. 350 KVA instalados no interior de cada aeroxerador.

Para a deputada socialista esta instalación suporá un impacto claramente negativo para a natureza, a paisaxe, o patrimonio arqueolóxico e a economía da zona. De feito, afectará a 14 xacementos arqueolóxicos catalogados, a varias mámoas e a un petroglifo.

A maiores, denuncia Patricia Vilán, os desterros afectarán a numerosos regatos e acuíferos, provocando a mortandade da fauna e a desfeita da flora durante a construción do parque e sen que exista unha avaliación fiábel do impacto.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar