Denuncian o desvío de 16 millóns de euros de formación para o emprego por parte da Consellería de Traballo

Denuncian o desvío de 16 millóns de euros de formación para o emprego por parte da Consellería de Traballo

Denuncian o desvío de 16 millóns de euros de formación para o emprego por parte da Consellería de Traballo

Enrique Negueruela esíxelle á conselleira que explique “ónde están os cartos que faltan” e que corresponden a transferencias finalistas do Goberno central

O secretario de Economía da Executiva do PsdeG-PSOE, Enrique Negueruela, ven de denunciar un suposto desvío de 13,6 millóns de euros, correspondentes a formación para o emprego, por parte da Consellería de Traballo, aos que suma outros dous millóns que deberan ser destinados á formación de ocupados.

Así o dixo logo de que a conselleira afirmara que destinará á formación para o emprego soamente 40,6 millóns de euros en 2013, cando o Estado transfírelle a Galicia mais de 54, e anunciara que soamente destinará 6 millóns de euros dos 8 que transferirá o Estado para a formación de ocupados.

Con relación aos fondos de formación para o emprego, explicou que si en 2012 o Estado transferiulle ás comunidades autónomas 616 millóns, dos que lle corresponderon a Galicia 54,9, o 8,9 por cento. Polo tanto, si en 2013 o Estado transferiralle ás Comunidades Autónomas mais de 606 millóns de euros, a Galicia deberan corresponderlle mais de 54 millóns, 13,6 mais dos que contabiliza a conselleira publicamente.

O responsable socialista sinala que si cos 40,6 millóns de euros a Consellería quere axudar a 13.900 demandantes de emprego, sumándolle os 13,6 que restan poderían formar a outros 5.000 demandantes de emprego. Critica que a Xunta “desvía un de cada catro euros que o Estado destina á formación para o emprego e que son financiados coas cotas de formación profesional que se lle descontan a tódolos traballadores”.

Ademais, explica, a conselleira anunciou que destinaría 6 millóns de euros para a formación de ocupados. Dixo que mentres en 2012, dos 113 millóns de euros repartidos na Conferencia sectorial, destináronse a Galicia 8,2 millóns de euros, en 2013 a contía é semellante -1,8 millóns inferior- supón unha diferenza de dous millóns de euros coa cifra anunciada pola responsable de Traballo.

Negueruela acusou á conselleira de “desviar” 16 millóns de euros que proceden das cotas de formación profesional a outros fins, co que “o 25 por cento dos fondos que proveñen das cotas de formación profesional e que o Estado transfire para dedicalos á formación para o emprego non aparecen nos plans desta Consellería”.

Criticou que “en vez de investir os 62 millóns de euros que percibe para formación, presenta o investimento de soamente 46,4 como gran compromiso para contar cos traballadores mais preparados e conseguir empresas mais competitivas”.

Certificados de profesionalidade

O responsable socialista lembra que na actualidade hai “mais de 175.000 demandantes que carecen do Graduado en ESO, polo que non poden recibir a formación dos Certificados de Profesionalidade de nivel II ou superior. Advertiu que “dous de cada tres demandantes están nesta situación”.

Puntualiza que si “coas seis probas de competencias clave celebradas ata agora ao redor de 7.000 persoas acadaron superar as áreas precisas para acceder aos certificados de nivel II, co ritmo da Consellería farán falta mais de 75 anos para que todos as superen”.

Neguereuela reivindica a necesidade de que se lles dea formación en competencias clave aos demandantes que carezan do Graduado en ESO. Por este motivo “esiximos á Consellería de Traballo que destine os 16 millóns de euros que pretende desviar de formación para o emprego á formación en competenciasm clave de nivel II”.

De non ser así, dixo, “dous de cada tres demandantes quedará illado de poder incorporarse a procesos formativos e de poder reconverterse ou adquirir unha cualificación que lle permita deixar de estar en paro”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar