Denuncian o abandono e os recortes de Feijóo cos enfermos de VIH de Galicia

Denuncian o abandono e os recortes de Feijóo cos enfermos de VIH de Galicia

Denuncian o abandono e os recortes de Feijóo cos enfermos de VIH de Galicia

Carmen Acuña advirte que en Galicia hai enfermos de VIH “que so contan cunha pensión non contributiva, e non toman o tratamento por non poder pagalo”

Sinala que por cada paciente diagnosticado precozmente “evitamos o contaxio a tres persoas”, ademais explica que “o 46% dos diagnósticos son tardios, por todo eso garantir o tratamento ao paciente é básico”

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña demandou á Conselleira de Sanidade que “mude as súas políticas e empece a defender a sanidade publica galega”. E insistiu “senón fora do PP non xestionaría así a sanidade”.

Acuña interveu hoxe no Pleno da Cámara para reclamar explicacións sobre a retirada do 100 % do orzamento no control do VIH-SIDA da Federación Galega de Asociacións de Axuda á Drogodependente.

Segundo os datos dos que dispón a deputada, que van dende o ano 2004-2010, en Galicia detéctanse ao ano “204 casos novos de Sida”. E advirte que estes datos non reflicten o efecto da crise “un 72% dos contaxios prodúcense por ter relacións sexuais sen protección, e un 23% por compartir xiringas”. Sinala que por cada paciente diagnosticado precozmente “evitamos o contaxio a tres persoas”, ademais explica que “o 46% dos diagnósticos son tardios, por todo eso garantir o tratamento ao paciente é básico”.

Acuña advirte ademais que dificultar o acceso ao sistema sanitario aos inmigrantes “poñemos en serio perigo a evolución da enfermidade no noso medio”. Por iso denuncia que “o aforro económico non xustifica nin compensa un retroceso na resposta do VIH”, e insistiu “ a prevención é moito mais rendible que o tratamento da enfermidade”.

A maiores denuncia que os orzamentos e por ende a capacidade de actuación das entidades que traballan co Sida en Galicia foron mermadas temerariamente ata un 50% polo Goberno de Feijoo . E insistiu “claro que como son poucos e ademais non votan”.

Aludiu ademais a situación dos comités de Lugo, Santiago, Fase de Encontro e a Casa de acollida de Vigo “que se víron abocadas ao peche, xunto coa a capacidade de actuación das restantes entidades víronse mermadas notoriamente (despedimentos de persoal, peche de servizos, ...) e precisamente nun momento onde as prácticas de risco van en aumento”.

Dixo que nos programas de redución de riscos das ONGs a entrega de preservativos e xiringas tanto para a poboación xeral como a poboación de risco “faise a contagotas”, ademais hai enfermos “que so contan cunha pensión non contributiva, e non toman o tratamento por non poder pagalo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar