Denuncian demoras dun ano no pago da Risga

Denuncian demoras dun ano no pago da Risga

Denuncian demoras dun ano no pago da Risga

A portavoz de Xustiza e Políticas Sociais do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, denunciou retrasos de un ano por parte da Xunta no pago da Renda de Inclusión Social de Galicia –Risga-. Sestayo criticou o rexeitamento por parte do PP dunha iniciativa socialista para axilizar o pago destas axudas e recuperar os Equipos de Inclusión Social nas grandes cidades e no Consorcio das Mariñas.

A responsable socialista sinalou que “o Parlamento non pode permitir estas condicións de vida e que as persoas que viven co mínimo dependan dunha decisión administrativa” que está retrasando un ano as axudas, tal e como están a denunciar os traballadores sociais. Sestayo esixía “o máis básico” para estas persoas a través da axilización destas axudas e a recuperación dos Equipos de Inclusión paralizados polo goberno de Feijóo.

Dixo que o PP demostrou con este voto en contra que “viven nunha realidade virtual” na que “ignoran a quen menos ten” e “destrúen as políticas sociais” co obxectivo de favorecer ás “entidades amigas” a costa de aplicar unha política “de limosna”. Advertiu que os conservadores optan por “crear redes clientelares para que as persoas dependan da beneficencia e da caridade”.

Beatriz Sestayo criticou o “descoñecemento absoluto do funcionamento das políticas sociais” por parte do PP, como ten demostrado dende a toma de posesión de Feijóo e o seu intento de conxelar o Risga –que tivo que ser emendado polos socialistas- e deixando sen Equipos de Inclusión Social a 6.000 familias.

Lamentou que a única resposta a esta diminución das políticas sociais sexa que a conselleira de Benestar acuse á oposición de “manipular a información e causar alarma” cando Feijóo “destruíu o Plan de Inclusión Social”, deteriorando a vida dos galegos e provocando o desarraigo das familias incluídas neses itinerarios.

O PP rexeitou esta iniciativa que contemplaba “adoptar urxentemente as medidas axeitadas para que as persoas con dereito a percibir o Risga o perciban de inmediato” e “implantar de novo os equipos de Inclusión Social nas grandes cidades e no Consorcio das Mariñas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar