Denuncian a voladura controlada dos servizos sociais a través da redución de fondos ao Plan Concertado e a retirada de apoio económico á teleasistencia

Denuncian a voladura controlada dos servizos sociais a través da redución de fondos ao Plan Concertado e a retirada de apoio económico á teleasistencia

Denuncian a voladura controlada dos servizos sociais a través da redución de fondos ao Plan Concertado e a retirada de apoio económico á teleasistencia

O goberno reduce en dous anos un 65% a partida para o Plan Concertado, reducindo de 7,2 M€ a 2,5M€ a cantidade destinada a manter os Servizos Sociais que xestionan os concellos

O Goberno de España dedica a servizos sociais básicos unha media de 0,80 cts. por galego/galega

Laura Seara acusa a Rajoy da dramática situación en que quedan os municipios, especialmente os concellos rurais e reprocha a Mato que non denuncie o recorte nestas partidas nin reivindique o apoio á Teleasistencia

Advirte do risco da desaparición dos servizos sociais básicos no 95% dos concellos rurais de Galicia

A deputada socialista, Laura Seara, ven de dar conta en rolda de prensa dunha serie de iniciativas rexistradas no Congreso e no Senado e dunha moción para presentar nos concellos de Galicia instando ao Goberno de Rajoy a recuperar o financiamento da Teleasistencia e a incrementar as partidas destinadas nos Presupostos de 2013 ao Plan Concertado.

Seara chamou a atención sobre os efectos dos recortes sobre o aumento da exclusión social en Galicia e en Ourense. “O risco de exclusión social é cada día maior e as cifras de pobreza non deixan de medrar” e neste marco social e económico o Goberno de Rajoy toma unha decisión que será dramática para a provincia de Ourense e para Galicia, como foi a supresión dos Presupostos 2013 da partida destinada á Teleasistencia.

Pero o problema agrávase co Plan Concertado, creado polos socialistas a finais dos 80, coa finalidade de contribuír ao desenvolvemento das prestacións básicas dos servizos sociais. “Ponse en risco a supervivencia do propio Plan Concertado e do propio sistema de prestacións sociais básicas”. Estamos a falar, segundo a deputada socialista, do plan no que se sustentaron os servizos sociais básicos que puxeron en marcha e manteñen os concellos, converténdose nun pilar básico da propia economía local.

Seara advirte que, dado que a lei limita o endebedamento municipal “estamos ante o risco que desaparezan os servizos sociais básicos no 95% dos concellos de Galicia, pola imposibilidade de mantelos”.

A deputada socialista subliñou que nos Orzamentos do Estado de 2011, se dedicaron ao Plan Concertado case 87M€, dos que lle corresponderon a Galicia 7.230.000€. Ademais, “se repartiron con criterios que beneficiaban á nosa Comunidade autónoma e a Ourense”, recorda Laura Seara, pois se tiñan en conta a dispersión da poboación e de número de persoas dependentes.

No 2012, primeiro Orzameto que aproba o PP no Goberno, “a partida destinada ao Plan concertado se reduce case a metade”, denuncia a deputada socialista, e pasa a 47M€, e a Galicia tócanlle 3.900.000€.

Nos Presupostos de 2013, “parece que lle queren dar o tiro de graza ao Plan Concertado”, os fondos volven mermar nun 42% respecto ao ano anterior e nun 65% respecto ao ano 2011. Queda pois, segundo as cifras que expoñía a socialista, en 27M€ destinados para o conxunto do Estado. A cifra para Galicia se reduce a apenas 2.200.000€, “dez veces menos do que levou Bárcenas a Suíza”, comparou.

Si a este dato se lle suma a desaparición dos Presupostos do Estado da Teleasistencia, o Goberno de España dedica 0,80 cts. por galego ou por galega (a mesma ratio para a provincia de Ourense). “E isto pasa en dous anos”, salienta Seara, e “pasa nun momento de crise brutal, que afecta ás persoas máis vulnerables” acusa a deputada socialista, para quen a decisión dos populares é comparable a “pechar hospitais en tempos de epidemia”.

A decisión dos populares de eliminar dos Presupostos do Estado a Teleasistencia e reducir á mínima expresión as partidas para o Plan Concertado é condenar a moitos concellos e a moitas comunidades autónomas. Por iso se pregunta Seara polo silencio da Conselleira de Traballo, Beatriz Mato, “que non di nada cando en dous anos rebaixáronlle a Galicia nun 65% os orzamentos destinados ao Plan Concertado e reduciron a cero o destinado a Teleasistencia”.

Seara acusa aos populares de ter deseñado unha“demolición controlada, están usurpando os servizos sociais ás persoas que máis o necesitan e, desde logo, o dano é incalculable para o medio rural”.

Os servizos sociais de Ourense teñen uns respaldos técnicos, igual que as cabeceiras de comarca. Pero a Seara preocúpanlle os numerosos pequenos concellos rurais da provincia, “que non poderán manter a prestación de servizos sociais” que viñan ofrecendo a unha poboación moi envellecida. Así outra consecuencia directa deste recorte é o paro. Xa se está a despedir ao persoal dos concellos galegos, pola imposibilidade de manter as prazas de traballadores sociais. “Ao longo deste ano estes despedimentos irán a máis”, afirma a socialista.

O drama esténdese ás ONGs, que están saturadas, porque asumen os servizos que non poden dar os concellos, pero estas tamén reciben menos axudas porque se financian menos programas. “A pescadiña que morde a cola” conclúe Laura Seara.

Finalmente, a deputada socialista fixo referencia á súa provincia. Preguntouse que lle fixo ao PP Ourense, “porque todas as decisións que toman a prexudican: Anulan concellos, retiran xulgados, se pecharán oficinas das caixas da provincia, leva camiño de converterse nunha reserva natural”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar