Denuncian a utilización absolutista da maioría parlamentaria por parte do Partido Popular

Denuncian a utilización absolutista da maioría parlamentaria por parte do Partido Popular

Denuncian a utilización absolutista da maioría parlamentaria por parte do Partido Popular

O voto negativo á que se aborde a Comisión de Investigación sobre a desaparición das caixas contrasta co compromiso de Feijóo para que esta estivera funcionando en xullo, e deixa en evidencia a “política de marketing” do Presidente galego

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, denunciou hoxe no Pleno da Cámara a “utilización absolutista” da maioría absoluta por parte do Grupo Popular, que provocou que o pleno extraordinario que se desenvolve na Cámara galega só inclúa asuntos propostos por este grupo.

Un pleno de unha soa cor, a cor da maioría popular, reprochou o deputado socialista. Algo que pretendeu impedir o Grupo Socialista a través do artigo 73.1, en virtude do cal se faculta a 25 deputados a pedir unha ampliación da orde do día do Pleno.

Os socialistas propuxeron a inclusión da petición dunha Comisión de Investigación sobre a desaparición das Caixas de Aforro e un segundo asunto sobre a reforma puntual do regulamento do Parlamento.

O voto negativo á que se aborde a Comisión de Investigación sobre a desaparición das caixas contrasta co compromiso de Feijóo con que esta comisión estivera funcionando en xullo, e deixa en evidencia a “política de marketing” do Presidente galego, afirma Losada.

O PP VOTA EN CONTRA DUN ASUNTO SE O PROPÓN O PSdeG PERO SÍ O INCLÚEN NA ORDE DO DÍA CANDO O PROPOÑEN ELES

As propostas socialistas foron votadas por separado e rexeitadas coa maioría do grupo popular. Algo que a priori non sorprendería aos socialistas, se non fora porque o segundo dos asuntos, a modificación puntual do regulamento da Cámara, era a mesma que incluían os populares na orde do día.

Condenan os socialistas a relevancia que os populares dan á procedencia da iniciativa sobre o contido da mesma.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar