Denuncian a supresión dos programas de prevención de drogodependencias de Galicia no ano 2013

Denuncian a supresión dos programas de prevención de drogodependencias de Galicia no ano 2013

Denuncian a supresión dos programas de prevención de drogodependencias de Galicia no ano 2013

Carmen Acuña levará ao Parlamento a supresión da prevención e o recorte en dous millóns de euros do convenio do Goberno galego coa Fegamp para asistencia a drogodependentes

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, denunciou a supresión definitiva dos programas de prevención de drogodependencias de Galicia para o ano 2013. Criticou a “insensibilidade” do PP ao suprimir estes programas “en plena crise económica e cos datos de consumo de drogas aumentan na sociedade galega”.

Acuña engadiu que “estamos diante da supresión dos programas de prevención a través de mentiras e enganos” por parte do Executivo de Feijóo, que conta coa “lamentable pasividade e silencio cómplice dos alcaldes do PP”.

Advertiu así que a preocupación amosada dende Ourense, Noia, Carballo e Monforte contrasta coa “sorprendente connivencia” amosada por Santiago, Vilagarcía, Burela, Cangas, O Grove, Porriño ou Ribeira.

Acusou ao goberno galego de “enganar aos concellos”, que continuaron financiando os programas de prevención, mentres a Xunta adiaba a sinatura do convenio para 2012, ata que o 29 de decembro “dixéronlles que non recibirían un só euro para prevención de drogodependencias pos non habería convenio”.

Dixo que estas medidas “van en contra do recollido no Plan sobre Condutas Aditivas de Galicia”, elaborado polo propio PP na pasada lexislatura, o que evidencia que “nin sequera cumpren co que eles mesmos mandatan”.

Plan de asistencia

Acuña anunciou ademais iniciativas parlamentarias para frear o recorte de dous millóns de euros ao convenio coa Fegamp para a asistencia a drogodependentes. A responsable socialista lembrou que este plan, que viña sendo contratado pola Xunta cos concellos, pasou a ser xestionado pola Fegamp, para agora ver cómo é “reducido ata a inanición”.

Lembrou ademais que a Xunta ven de reducir un 10 por cento os orzamentos para as asociacións “que levan anos facendo un gran papel na loita contra a drogadicción”, co que “vai resultar imposible que continúen co traballo que estaban a facer”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar