Denuncian a redución do 25 por cento nas partidas para gastos ordinarios dos centros educativos de infantil e primaria

Denuncian a redución do 25 por cento nas partidas para gastos ordinarios dos centros educativos de infantil e primaria

Denuncian a redución do 25 por cento nas partidas para gastos ordinarios dos centros educativos de infantil e primaria

Fernández Leiceaga advirte que a Xunta non destina achegas suplementarias para centros que escolarizan a alumnos con dificultades motrices ou con necesidades específicas mentres destina 600.000 euros para centros concertados

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, advertiu hoxe dunha minoración do 25 por cento nas partidas da Xunta para gastos ordinarios dos centros educativos de ensino infantil e primaria entre 2007 e 2011. Sinalou que esta minoración “representa unha importante eiva no funcionamento dos centros de ensino”.

Leiceaga presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento na que advertiu que a Xunta non destina ningunha achega suplementaria para os centros que escolarizan a alumnos con dificultades motrices ou con necesidades específicas de atención educativa mentres os centros concertados reciben 600.000 euros a maiores dos orzamentos ordinarios.

O responsable socialista presentou hoxe unha enquisa realizada pola Federación de Asociacións de Directivos de Colexios de Ensino Público nunha mostra de 119 centros, que evidencia que, malia que os centros terían recibido 3.355 euros de media mais que en 2007 pero, descontando os gastos en gasóleo a cifra sería de 2.173 euros menos que en 2007, o que incorporando o IPC supón unha diminución real do 25,1 por cento.

Leiceaga apunta que as necesidades reais de gasto incrementáronse pola telefonía, os consumibles de informática, a reparación de equipos non cubertos por garantía de compra ou substitución de equipos. Ademais, dixo, “tense producido un atraso constante nas transferencias dende a Consellería, tanto nas ordinarias do curso como as correspondentes ás convocatorias finalistas ou a programas específicos”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar