Denuncian a privatización do Servicio Público de Emprego de Galicia “co único fin de facer negocio”

Denuncian a privatización do Servicio Público de Emprego de Galicia “co único fin de facer negocio”

Denuncian a privatización do Servicio Público de Emprego de Galicia “co único fin de facer negocio”

Carmen Gallego lembrou que nestes días o Goberno de Feijoo esta facendo chegar as cartas de despido aos 114 técnicos de emprego, que será efectiva a partir do 31 de decembro

Lanzou un chamamento ao Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo “para que os orientadores poidan voltar aos seu servicio publico de emprego”, co fin de facelo eficaz e poñelo aos servicio de Galicia

Carmen Gallego coordinadora da área de Promoción Económica e Emprego da Executiva socialista denunciou hoxe en rolda de pernas a privatización do Servicio Publico de Emprego de Galicia. Asegura que a estratexia do PP “pasa por reducir persoal e logo dicir que é ineficaz o servicio para rematar privatizando todo o servicio”.

Por iso Carmen Gallego insiste “nin hai suposto aforro, nin funciona mal o servicio, simplemente o PP quere implantar a súa ideoloxía é facer negocio”, espetou.

Lembrou ademais que nestes días o Goberno de Feijoo esta facendo chegar as cartas de despido aos 114 técnicos de emprego, que será efectiva a partir do 31 de decembro, ademais dos 109 que xa despedidos no mes de xuño.

Por iso lanzou un chamamento ao Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo “para que os orientadores poidan voltar aos seu servicio publico de emprego”, co fin de facelo eficaz e poñelo aos servicio de Galicia.

A parlamentaria dixo que Feijoo “debe antepoñer os intereses dos parados á súa ideoloxía e sobre todo ao negocio”, e reclamoulle que utilice as partidas de formación de emprego “pero non para as axencias privadas de colocación”.

Explicou que na nosa Comunidade os técnicos que quedan terán que atender, como media en cada Axencia de Colocación, a 1.732 demandantes, sen incluír o incremento do paro que haberá no ano 2013. Sinala que ratio media en Europa son 600 demandantes por orientador, e advirte que esta cifra “xa é considerada moi alta”.

Replica ademais que en Galicia “hai que atender as grandes reconversións en sectores produtivos que requiren moita atención personalizada”. Nese senso lembrou que en Galicia hai alternativas “xa que a nosa Comunidade percibe fondos do Estado a través da Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais”. Por iso insistiu nas súas proclamas “non lle dea a puntilla ao Servicio Publico de Emprego de Galicia”.

Por ultimo sinalou que o Grupo Parlamentario Socialista rexistrou diversas iniciativas na Cámara Autonómica para rexeitar estes despidos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar