Denuncian a manipulación na TVG para ocultar calquera relación de Feijóo con Dorribo na información do caso Campeón

Denuncian a manipulación na TVG para ocultar calquera relación de Feijóo con Dorribo na información do caso Campeón

Denuncian a manipulación na TVG para ocultar calquera relación de Feijóo con Dorribo na información do caso Campeón

O deputado socialista, Juan Carlos Francisco Rivera, esixe responsabilidades á dirección da CRTVG sobre a estratexia da Dirección de Informativos para ocultar calquera referencia ao Presidente da Xunta ou ao PP nos máis de 30 minutos dedicados ao sumario os días 7,8 e 9 de marzo.

Esixiu a valoración de Sánchez Izquierdo sobre a relevancia informativa das conversas con Dorribo de Núñez Feijóo, desveladas nos medios privados nacionais e autonómicos nas mesmas datas

O parlamentario socialista, Juan Carlos Francisco Rivera, denunciou na Comisión de Control da CRTVG que os medios públicos galegos, nomeadamente a TVG, “deseñou unha estratexia para ocultar na información sobre o sumario da Operación Campeón calquera referencia ó presidente, Alberto Núñez Feijóo, ou que prexudicara ao Partido Popular”.

O deputado socialista cualificou de “escandaloso” que, nos días 7,8 e 9 a TVG dedicara máis de 30 minutos a informar sobre o sumario do caso Campeón, facendo “auténticos documentais” sobre os contidos no sumario relativo aos dirixentes doutros partidos políticos. “Chegouse a dobrar a voz”, a través dos redactores da casa, a estes persoeiros para ilustrar as conversas rexistradas no devandito sumario, afirma Juan Carlos Francisco.

Sorprende ao deputado socialista que nos máis 2.000 segundos empregados para “demonizar a estes políticos”, non se atopou “un só segundo para salientar o que recollen eses mesmos días os medios de ámbito nacional e autonómico sobre o presidente da Xunta”, Alberto Núñez Feijóo.

En realidade a referencia se limitou, lembra Francisco Rivera, a 20 segundos en boca de Abel Losada, a través dun inserto cuxo contido era habilmente dado a volta polo redactor da noticia.

“Non teño vocación de xulgar”, afirma o deputado socialista, pero insistiu en coñecer do Director da CRTVG, Sánchez Izquierdo, si comparte con el que existe relevancia informativa nas conversas de Núñez Feijóo con Jorge Dorribo, que outros medios de comunicación desvelaron tras facerse público o contido do sumario.

Para o deputado socialista, hai “unha estratexia” para evitar calquera información da que se puidera desprender a mínima relación de Núñez Feijóo coa trama de Dorribo. A TVG, acusa Juan Carlos Francisco, “non actuou con neutralidade e foi partidista neste asunto”.

A pesar de que entendeu que o Director Xeral represente o seu papel na comisión parlamentaria, “aquí hai unha Dirección de Informativos que ten a obriga de ofrecer información obxectiva do que pasa no país”, afirma. Para o deputado socialista, “tiña a obriga de dedicar parte deses 2.000 segundos a recoller o que recolleron os medios privados”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar