Denuncian a “manipulación constante, reiterada e cansina” dos informativos da TVG da situación dos partidos políticos

Denuncian a “manipulación constante, reiterada e cansina” dos informativos da TVG da situación dos partidos políticos

Denuncian a “manipulación constante, reiterada e cansina” dos informativos da TVG da situación dos partidos políticos

Juan Carlos Francisco Rivera advirte que a TVG dedicoulle 4 segundos á dimisión de Rafael Cuíña do PP e silenciou o expediente aberto á Deputación de Ourense por posible fraude nas subvencións da UE

O portavoz do Grupo Socialista na Comisión da CRTVG, Juan Carlos Francisco Rivera, denunciou a “manipulación constante, reiterada no tempo e cansina” por parte da TVG sobre a situación dos partidos políticos. Presentou unha pregunta oral na Comisión da CRTVG na que criticou que o ente público “dimensione os supostos problemas de forzas que non son o PP e silencia todo aquilo que afecta ao PP”.

Como exemplo, lembrou que os informativos da TVG teñen “silenciado todo” o referente ao expediente por posibles irregularidades na xestión de subvencións da UE por parte da Deputación de Ourense. Advertiu que a canle mantivo un “escrupuloso silencio” ante estes feitos mesmo chegando a “omitir as manifestacións do presidente da Xunta e moitísimos responsables políticos do PP e mesmo da oposición”.

Considerou “difícil de entender onde está a obxectividade nos medios e a pluralidade no tratamento das mesmas noticias”, e acusou ao responsable da CRTVG de “actuar baixo o mando a distancia do Executivo” para “dimensionar de xeito partidista calquera tipo de conflito doutras forzas pero non do PP”.

Juan Carlos Francisco Rivera lembrou que a TVG dedicoulle tan só 4 segundos á dimisión de Rafael Cuíña como militante do PP, mentres unha situación semellante no PSdeG-PSOE mereceu 4 minutos dos informativos da canle pública durante dous días. Puntualizou que os problemas internos dos partidos políticos “non me interesan absolutamente nada” salvo “polo contraste do tratamento que fan das discrepancias noutros partidos políticos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar