Denuncian a falta de liderado político do goberno galego para defender o sector da pesca na UE

Denuncian a falta de liderado político do goberno galego para defender o sector da pesca na UE

Denuncian a falta de liderado político do goberno galego para defender o sector da pesca na UE

Constituído onte o Grupo de Traballo de Pesca do PSdeG-PSOE, coordinado pola Secretaria Executiva de Pesca, Marta Freire

Onte á tarde quedou constituído o Grupo de Traballo de Pesca da Executiva socialista, logo do proceso de renovación dos órganos de dirección do partido a partir do Congreso Nacional.

Na reunión estiveron presentes a Secretaria de Pesca, Marta Freire Rioboo, a portavoz parlamentaria deste área, Marisol Soneira, a responsable de Coordenación de Economía e Emprego, Carmen Gallego, que foi Conselleira de Pesca a pasada lexislatura, responsables orgánicos de Pesca provinciais e locais e técnicos e profesionais do sector.

A reunión abordou o balance da situación actual dun sector onde existe unha fonda preocupación pola falta de liderado político para ser determinantes nos foros onde se xoga o futuro da Pesca.

En relación ás negociacións sobre a Política Pesqueira Común (PCP) os socialistas salientaron a labor parlamentaria e o apoio manifestado ao Goberno galego para que se faga oír en Bruxelas e resolva as demanda do sector pesqueiro e marisqueiro, xa que, a xuízo dos socialistas, o Goberno do Estado non defende as especificidades da Pesca galega.

En relación a estas especificidades, os socialistas demandan que as mariscadoras galegas entren na negociación da PCP para que poidan acceder aos investimentos comunitarios en igualdade de condicións que o resto de sectores.

Resulta imprescindible, segundo este grupo de traballo do PSdeG-PSOE, a diferenciación entre a pesca artesanal e a pesca industrial de longa distancia, para salvar o noso modelo de explotación pesqueira de xeito sostible. Tamén reivindican a mellora das condicións laborais do sector.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar