Denuncian a falla de respecto institucional de Feijóo con Ferrol

Denuncian a falla de respecto institucional de Feijóo con Ferrol

Denuncian a falla de respecto institucional de Feijóo con Ferrol

A parlamentaria socialista Beatriz Sestayo denunciou a “absoluta falla de respecto institucional” amosado polo presidente da Xunta e os membros do goberno coa cidade de Ferrol. Así o dixo no debate dunha Pregunta Oral na que denunciou o uso “descaradamente partidista” da Xunta nas visitas á cidade que a Alcaldía ten que coñecer “pola prensa”.

A parlamentaria ferrolá advertiu que o presidente da Xunta “incumpre flagrantemente o seu contrato con Galicia” por canto propugnaba a “colaboración leal e institucional coas administracións e institucións excluíndo o seu uso partidista”. Sestayo puxo diversos exemplos de actuacións dos membros da Xunta que “chocan coa realidade nestes dous anos” de goberno do PP.

Sestayo citou así a visita do conselleiro de Educación ao centro Juan de Láncara de Ferrol sen convidar aos membros da Corporación Municipal, ou o mesmo Consello da Xunta celebrado en Ferrol no que “os membros do goberno da Xunta de Galicia posaban co representante da oposición do PP e candidato á alcaldía” excluíndo ao alcalde da súa axenda, ou a visita da conselleira de Pesca á autoridade portuaria “sen avisar ao alcalde”.

A responsable socialista cualificou ironicamente de “protocolo estraño” o que “obriga” á Xunta a “excluír ás autoridades das corporacións elixidas pola cidadanía e a ideoloxía socialista para amparar aos ideoloxicamente afíns”.

Código Cibeles

Sestayo criticou que o PP ten reducido o seu código ético, en só dous anos de goberno, a un “código de Pasarela Cibeles” para que o presidente da Xunta faga “posados, fotos e autógrafos” e polo que “os representantes institucionais teñen que esperar a que se digne saír dun acto mediático para posar”.

Ironizou coa presenza do portavoz do PP no concello de Ferrol nunha foto logo do Consello celebrado nesta cidade sinalando que “seguro que fixo cola” para poñerse no cadro mentres o alcalde de Ferrol “decátase de algunhas visitas pola prensa e por comunicados de prensa” e non a través da comunicación institucional formal.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar