Denuncian a “connivencia e silencio cómplice” de Feijóo coa quita aos estafados das preferentes que prevé aprobar Rajoy

Denuncian a “connivencia e silencio cómplice” de Feijóo coa quita aos estafados das preferentes que prevé aprobar Rajoy

Denuncian a “connivencia e silencio cómplice” de Feijóo coa quita aos estafados das preferentes que prevé aprobar Rajoy

Carmen Gallego sinala que “si mañá se confirma este roubo, o presidente da Xunta debe recorrer o decreto-lei” por ir contra máis de 50.000 galegos e galegas estafados, 43.000 deles de NGB

Reclama o cese de Rueda como conselleiro e a finalización da publicidade da Xunta en precampaña electoral polo “uso da Xunta en beneficio do PP”

A responsable de Economía do PSdeG-PSOE, Carmen Gallego, denunciou a “connivencia e silencio cómplice” de Feijóo co decreto que previsiblemente aprobará mañá Rajoy cunha quita de entre o 60 e o 80 por cento aos estafados pola fraude das preferentes. Criticou a complicidade do presidente da Xunta co seu “goberno amigo” para “quitarlle diñeiro” aos afectados.

Gallego dixo que “si mañá se confirma este roubo Feijóo debe recorrer o decreto – lei” que afecta a máis de 50.000 galegos e galegas, 43.000 deles de NGB.

Lembrou que o PSOE presentou unha iniciativa esta mesma semana para negociar co goberno de Rajoy, na que tomou parte o PSdeG-PSOE, solicitando do goberno central a diferenciación entre inversores e aforradores estafados, dando conta desta situación diante da Comisión Nacional do Mercado de Valores -CNMV- e da Fiscalía. A responsable socialista reclamou que “os que comercializaron fraudulentamente estes produtos sexan os que paguen por eles”.

Advertiu que segundo todas as informacións, o decreto Lei “non distingue aos inversores dos aforradores que foron estafados” polo que esixiu que sexa a CNMV quen faga as distincións para que os estafados recuperen todo o seu diñeiro asumindo “unha quita cero”. Dixo que esta situación constitúe “o mellor exemplo de que Feijóo non pode presumir de xestión” económica en Galicia.

Sinalou que logo de tres anos e medio co PP na Xunta, os galegos “somos mais pobres,temos menos dereitos e o noso futuro hipotecado”. Lembrou que Feijóo ten disparado a débeda de Galicia en 4.000 millóns de euros, duplicando en tres anos a cifra acumulada no resto da historia da Comunidade Autónoma, mentres os parados aumentaron ata os 300.000.

Cese

A responsable socialista repetiu hoxe a petición de cese do conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, logo de coñecer a súa designación como coordinador electoral da campaña do PP. Gallego reclamou que “deixen de confundir a Xunta co PP” e que tomen exemplo do conselleiro de Interior do goberno vasco, Rodolfo Ares, que dimitiu para dedicarse á campaña electoral.

Esixiu que “deixen de enviar mensaxes confusas á cidadanía e deixen de usar a Xunta en beneficio do PP”, polo que reclamou tamén o remate inmediato da publicidade institucional da Xunta logo de ter sido publicado o decreto de convocatoria das eleccións.

Criticou que “cando Feijóo di que carece de diñeiro para os dereitos sociais, para a sanidade, a educación e a dependencia, resulta que si que ten diñeiro de tódolos galegos e galegas para pagar propaganda”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar