Denuncian a “absoluta parálise” da Xunta diante da perda de actividade e emprego

Denuncian a “absoluta parálise” da Xunta diante da perda de actividade e emprego

Denuncian a “absoluta parálise” da Xunta diante da perda de actividade e emprego

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, María José Caride, denunciou a “absoluta parálise” amosada pola Xunta diante dos datos de perda de actividade e emprego. Así o dixo nunha Pregunta Oral sobre o informe que determina unha caída da actividade emprendedora en Galicia que foi debatida hoxe na Comisión de Economía.

A parlamentaria socialista criticou que diante do aumento do paro e da caída da actividade económica “a Xunta permanece paralizada, o Igape está paralizado, a licitación de obra pública está paralizada e recortan os servizos públicos”. Esixiu á Xunta que explique “cales son as ferramentas” que teñen previsto para recuperar a economía e o emprego e cómo cumprirán “o seu compromiso de priorizar a creación de postos de traballo”.

Caride preguntou “qué está ocorrendo coa Xunta de Galicia para manter esta situación”, e sinalou que “aínda que o presidente diga que non ten competencias –en materia de emprego- algo terá que ver si hai dous anos cría solventar tódolos seus problemas coa súa capacidade”. A realidade, dixo, foi que o desemprego medrou un 40 por cento e a licitación de obra pública caeu un 46,24 por cento en 2008, un 54,16 en 2009 e un 40 en 2010.

Pesimismo empresarial

A responsable socialista preguntou pola presentación, por parte do conselleiro de Economía e Industria e o presidente da CEG, dun informe elaborado pola consultora GEM –presentado en Galicia por un familiar de Fabra vinculado con causas de corrupción en Majadahonda- que sinalaba o pesimismo dos empresarios sobre a recuperación económica de Galicia.

Sinalou que entre as conclusións dos informes sinala que o 75 por cento non esperaba crear un novo posto de traballo nin expandir a súa actividade ata 2014, o que coincide co informe do BBVA que sinala que Galicia lastrará o crecemento de toda España nos próximos anos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar