Denunciamos que case 4.000 traballadores temporais da Xunta poderán ser despedidos sen indemnización

Denunciamos que case 4.000 traballadores temporais da Xunta poderán ser despedidos sen indemnización

Denunciamos que case 4.000 traballadores temporais da Xunta poderán ser despedidos sen indemnización

O portavoz de administración autonómica do grupo socialista, Juan Díaz Villoslada, denuncia que case 4.000 traballadores e traballadoras temporais da administración pública poden perder o seu traballo sen percibir indemnización pola modificación dos seus dereitos laborais “en fraude de lei” que pretende facer a Xunta mediante a Lei de Acompañamento.

“É unha chantaxe a centos de traballadores e traballadoras, que teñen que aceptar pasar a ser funcionarios interinos sen ningunha garantía de non ser despedidos ou renunciar ao seu posto”, explica Villoslada, quen ademais lembra que o Tribunal Constitucional xa se ten pronunciado en contra deste tipo de cambios lexislativos “pola porta de atrás, por imposición e sen tramitación parlamentaria”.

O deputado socialista lamenta “a falta de diálogo e a política impositiva” do goberno do PP, que redunda na “total falta de hixiene democrática e a actitude absolutista” que vén amosando o presidente da Xunta desde o inicio do novo mandato.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar