Denunciamos a carencia de políticas transversais da Xunta cos Grupos de Acción Local Pesqueira

Denunciamos a carencia de políticas transversais da Xunta cos Grupos de Acción Local Pesqueira

Denunciamos a carencia de políticas transversais da Xunta cos Grupos de Acción Local Pesqueira

A portavoz de pesca do grupo socialista, Loli Toja, denunciou hoxe ante a comparecencia da directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro que a Xunta non está a desenvolver “políticas transversais” nin ten “un papel activo” para que os fondos destinados aos Grupos de Acción Local Pesqueira (GALP) “non acaben destinados a financiar a creación de bares”. En lugar diso, o seu obxectivo fundamental debe ser “crear oportunidades económicas relacionadas co mar que garantan o emprego e a retención de poboación moza no territorio”, afirmou Toja.

 

A socialista apuntou que “non está mal que unha parte dos fondos poidan destinarse á hostelería” pero “non como a maior parte do seu destino”, xa que non podemos transformar a nosa economía do mar, nunha economía subvencionadora da hostelería. Así, fixo unha análise das debilidades de cada zona á que están destinados os GALP e reclamou que os fondos e as políticas da Xunta sexan dirixidos a tratar de paliar estes problemas estruturais das zonas dos GALP.

 

Por unha banda, na zona da Costa da Morte apuntou como principal debilidade “a ausencia de infraestruturas”. Nesta zona, expuxo, só hai unha autovía (AG-55) e o resto de estradas son comarcais, pero nin sequera con elas se cubre todo o territorio, xa que “case á metade das capitais dos municipios que compoñen a Zona 3, Malpica, Laxe, Camariñas e Muxía, non se pode chegar a través destas estradas”. Por iso, a socialista urxiu a “cumprir o acordo parlamentario de darlle continuidade á autovía, en lugar dun corredor”.

 

En Muros e Noia, Toja destacou entre as ameazas, ademais do envellecemento da poboación, “a depuración deficiente das augas que verten á ría”, co elevado nivel de contaminación no Esteiro do Tambre e o impacto económico e social do incremento da contaminación da ría.

 

Na Ría de Pontevedra, a socialista apuntou á “diminución dos recursos pesqueiros e marisqueiros” pola “maior frecuencia de episodios de toxina e a mortalidade dos recursos marisqueiros. Toja lembrou o “deficiente estado” das rías galegas, “en grave perigo”, como xa advertiu o Tribunal de Xustiza da UE, e cunha “situación límite” do sector marisqueiro. Por todo isto, incidiu na “ausencia de transversalidade” das políticas do goberno galego, xa que parece que “cada sección” das GALP “vai por libre”.

 

Por último, Toja fixo referencia tamén ao Informe da Valedora do Pobo de 2016, que pon de manifesto o descenso do prezo medio nas capturas do cerco. Criticou a falta de “esforzo” político da Xunta neste tema e pediu novas canles de fórmulas de comercialización máis vantaxosas para o pescador.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar