Denuncia que o goberno de Rajoy abandona ás persoas máis pobres e vulnerables cun brutal recorte sen precedentes

Denuncia que o goberno de Rajoy abandona ás persoas máis pobres e vulnerables cun brutal recorte sen precedentes

Denuncia que o goberno de Rajoy abandona ás persoas máis pobres e vulnerables cun brutal recorte sen precedentes

Advirte que a realidade demográfica e social de Galicia multiplicará as consecuencias dos recortes

Culpa á Xunta de Feijóo de ser cómplice necesaria desta política dañina e violenta

A Secretaria de Coordinación Institucional e Participación e Portavoz de Discapacidade no Congreso dos Deputados, Laura Seara, sinalou esta en Santiago que “cos recortes permanentes e constantes” que o Goberno de Rajoy está a aplicar no eido da política social, especialmente no que respecta á atención da dependencia e nos servizos sociais máis básicos se está “deixando soas ás persoas máis vulnerables, ás familias en risco de exclusión”.

Seara destacou a “sensibilidade CERO” do Ministerio e do PP cara a dramática situación pola que pasan miles de homes e de mulleres en Galicia. A reunión do Consello Territorial celebrada onte en Madrid tomou máis decisións que abundan nesta senda de recortes. Así, desde que o PP goberna en España a achega do Estado ó financiamento da Dependencia se reduciu en máis dun 30%, o que se traduce nun ataque á sostenibilidade económica do sistema, co obxectivo de desmantelar a atención aos dependentes”.

Segundo apuntou Seara, acordouse diminuír a calidade das actuais prestacións ao tempo que se complicou o procedemento, cunha clara intención de “facelo máis farragoso para que as e os usuarios tiren a toalla á hora de reclamar os seus dereitos”. Por outra banda, Seara advertiu dunha clara intención de privatizar servizos.

No que respecta aos servizos sociais básicos, desde o PSdeG se denuncia a supresión da Teleasistencia e o recorte de máis do 40% no Plan Concertado respecto ao 2012 e do 65% respecto do último orzamento do Goberno socialista de 2011.

Os niveis de pobreza aumentan no noso país. En Galicia, debido a súa realidade demográfica e social, o efecto dos recortes multiplicará as consecuencias.

“O Goberno está descontrolado e a Xunta de Galicia é cómplice necesaria nesta política dañina e violenta”, denunciou a deputada socialista.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar