Denuncia o desprezo do goberno galego ao Parlamento ao negarse ao deixar sen contestar máis de 160 preguntas do deputado Jose Manuel Lage

Denuncia o desprezo do goberno galego ao Parlamento ao negarse ao deixar sen contestar máis de 160 preguntas do deputado Jose Manuel Lage

Denuncia o desprezo do goberno galego ao Parlamento ao negarse ao deixar sen contestar máis de 160 preguntas do deputado Jose Manuel Lage

A Comisión 1ª debateu hoxe 160 preguntas de Lage Tuñas sobre o gasto de vehículos oficiais que o Goberno renunciou a contestar por escrito

Lage Tuñas acusa a Rueda de “negar información ao Parlamento” e pedirá amparo á presidenta da Cámara “polos reiterados incumprimentos do goberno ao non dar aos deputados a información que solicitamos por vía regulamentaria

Sinala que “o Goberno obstrúe a labor dos deputados ao negarnos información que pedimos polos condutos formais establecidos no Regulamento do Parlamento de Galicia

Considera “gravísimo” e “un ataque en toda regra aos dereitos dos deputados que representamos ao pobo galego e demandamos información para poder facer mellor o noso traballo de fiscalización do Goberno galego

O voceiro da Área de Institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage, denunciou na Comisión 1ª o “desprezo do Goberno galego” cara ao Parlamento ao negarse a cumprir o regulamento da Cámara, logo de deixar sen contestar máis de 160 preguntas formuladas por este deputado e relativas aos gastos do parque móbil do Presidente e altos cargos da Xunta.

O parlamentario recorda que, se o Goberno non resposta por escrito ás preguntas formuladas por Lage Tuñas con anterioridade, a “única oportunidade que temos” é a recualificiación das mesmas en preguntas orais en Comisión, neste caso 160. Esta situación fixo que a sesión da Comisión se prolongara dende as 10,30 h ata as 18,25 h. da tarde.

Tachou de “grave erro” a negativa do Executivo a responder aos parlamentarios. A soberanía do pobo galego “reside aquí”, dixo en referencia á Cámara galega. E ao Parlamento, “débeselle respecto”, e non o está a ter o Goberno de Feijóo negando os datos que solicitan os parlamentarios.

Lage exculpou ao director xeral comparecente para elevar a autoría material de esta obstrución ao Parlamento ata o conselleiro de presidencia, Alfonso Rueda. Os socialistas esperaron ata seis meses para elevar á comisión estas preguntas á espera dunha resposta do Executivo pero, como advirte Lage, existen preguntas sen contestar desde hai ano e medio.

Para o deputado socialista, o Goberno e o grupo maioritario que o sustenta están a “amordazar” ao parlamento, negándolle información que logo si dan a terceiros. Se trata, a xuízo do socialista, de “pisotear” aos parlamentarios e de sabotear á institución parlamentaria.

Porque, mentres se negaban estes datos ao parlamentario socialista, eran ofrecidos para a súa publicación nos medios de comunicación. Culpou a Alfonso Rueda de promover o que considera “unha burla” aos parlamentarios.

A cuestión de fondo non é a natureza das preguntas, senón que “queren pisotear os dereitos dos deputados e deputadas”, afirma Lage, quen lembrou ao conselleiro de Presidencia que “foron eles os que abriron a espita”. Recordoulle a Rueda que o PP, pasadas as eleccións autonómicas se dedicaron a difundir canto custaban os lavados dos coches, os pneumáticos, o carburante ou as peaxes do goberno de Touriño.

Afeou ao PP que “empregaran ata a extenuación estes datos de forma miserenta para atacar ao anterior Presidente da Xunta e ao seu Goberno”, e recriminoulles que, “cando chegan ao Goberno néganse a dar estes datos”. Atentando contra os dereitos dos deputados e deputadas, que hai ano e medio levan esperando por esta información.

A negativa do Goberno Feijóo a xustifica Lage porque porque o PP, logo de practicar unha estratexia de “terra queimada”, despois non se aplicaron o conto. Así, en plena época de crise, “algúns tivemos que descubrir que había coches infrautilizados, como había persoas ao servizo da administración que facían uso privado dun vehículo oficial e así sucesivamente... e froito diso “néganse a dar datos” porque saben que houbo vehículos que foron empregados de xeito pouco correcto, afirma o deputado socialista.

Sabotaxe

O parlamentario socialista replicou ao Director Xeral de Relacions co Parlamento por ter acusado a Lage Tuñas de facer estas preguntas na procura de notoriedade mediática para a continuación revelar e afearlle a Ordóñez que recoñecera na súa resposta “que non tiñan intención de contestar a esta pregunta por escrito e acollerse ao artigo 157. 2”.

Dixo que o Goberno galego ten que comparecer porque o parlamentario apela ao Regulamento fronte á actitude obstrucionista da Xunta “que é o que significa unha sabotaxe”, aclara Lage. O deputado socialista atribuíu a autoría intelectual desta estratexia ao conselleiro de Presidencia, porque, conclúe, non queren responder ás preguntas, non queren someterse ao control da Oposición.

Retraso nos pagos

O parlamentario socialista evidenciou na sesión de hoxe que a Xunta retrasou o pago aos talleres que atenden os vehículos oficiais nunha media de catro meses e medio, o que “pon en solfa tódalas afirmacións de Feijóo sinalando que paga en 40 días”. Dixo que a resposta ofrecida hoxe polo director xeral “evidencia a mentira continuada na busca incesante de propaganda por parte de Feijóo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar