Denuncia a inacción das autoridades fronte á contaminación no encoro das Cunchas

Denuncia a inacción das autoridades fronte á contaminación no encoro das Cunchas

Denuncia a inacción das autoridades fronte á contaminación no encoro das Cunchas

O eurodeputado socialista, Antolín Sánchez Presedo, advirte á Comisión Europea do risco para a saúde humana do altos nivel de concentración de cianobacterias no encoro das Cunchas e pide que se adopten as medidas necesarias para controlar a situación.

Nunha pregunta escrita á Comisión Europea, o eurodeputado socialista galego, Antolín Sánchez Presedo, alertou ás autoridades comunitarias sobre o risco de contaminación no encoro das Cunchas. Sánchez Presedo lembra que o ano pasado rexistrouse unha alta concentración de cianobacterias tóxicas, tras a cal as augas foron declaradas como non aptas para ningún tipo de uso.

"Este fenómeno débese á presenza de fosfatos e nitratos procedentes de fertilizantes destinados ao cultivo de patacas que son arrastrados á canle fluvial, e polos xurros e abonos químicos verteduras polas granxas ao río", explicou Sánchez Presedo, que constatou que as autoridades responsables non tomaron medida algunha para evitar que volva suceder este ano. "Non podemos permitir que se faga caso omiso a esta ameaza que non só supón unha ameaza ambiental, senón que tamén pon en risco a saúde humana", denunciou Sánchez Presedo, que lembrou que en Brasil faleceron máis de 200 persoas nun caso de contaminación por cianobacterias.

Por iso, na súa iniciativa, pide á UE que determine se se está incumprindo a Directiva Marco da auga e esixe tómense todas as medidas necesarias para controlar a situación. "É necesaria unha avaliación que determine se as precaucións que se tomaron por parte das autoridades municipais son suficientes para evitar unha nova praga e ou se se debe pór en marcha medidas adicionais e urxentes", concluíu Sánchez Presedo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar